O 061 DE GALICIA ASISTIU 79 PERSOAS POR 55 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 08 2022
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 79 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 26 de agosto, ata as 23,59 horas do domingo, 28 de agosto. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 55 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59,5% e do 40,5% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
 
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
Accidentes
A Coruña
23
Lugo
6
Ourense
7
Pontevedra
19
Galicia
55
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 61 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 73 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde