A XUNTA APROBA A CONTRATACIÓN DE COLARIÑOS, FAIXAS E FÉRULAS PARA AS ÁREAS SANITARIAS POR UN IMPORTE DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 09 2022

O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación da subministración de material sanitario destinado ás distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde por un importe total de 3.547.668 euros durante os vindeiros 3 anos. Este material inclúe, entre outros, a compra de novas férulas, faixas estabilizadoras e colariños.  A contratación farase mediante procedemento aberto e está dividida en 29 lotes, atendendo á variedade de material obxecto da mesa, fronte aos 21 lotes de contratos anteriores. A duración do subministro, que ten un valor estimado de máis de 6 millóns de euros, é de 3 anos, cunha prorroga de 2 anos.

O obxecto desta contratación é asegurar a subministración do material destinado á suxeición e seguridade dos doentes das distintas áreas sanitarias da Comunidade galega, garantindo a mellor asistencia sanitaria aos usuarios que as requiran e procurando as mellores condicións técnicas. A Xunta busca con esta nova contratación adquirir material sanitario coas mellores cualidades técnicas e a maior funcionalidade de uso para os profesionais e para os doentes.

Este contrato enmárcase na política de centralización dos contratos de material sanitario que a Xunta ten posto en marcha nos últimos anos con importantes aforros.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde