A XUNTA AUTORIZA A COMPRA DE VENDAS E APÓSITOS PARA AS ÁREAS SANITARIAS POR IMPORTE DE 7 MILLÓNS DE EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 09 2022

O Consello da Xunta autorizou na reunión celebrada hoxe o expediente de contratación de material sanitario como vendas, apósitos, esparadrapos e outros produtos similares con destino ás áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde por un importe total de 7.142.805,85 euros e un valor estimado de 19.483.105,74 euros. 

O Goberno galego, con este contrato único, evita variacións significativas nos prezos de adquisición dos produtos entre os distintos centros hospitalarios. 

A licitación xorde ademais, da necesidade de satisfacer a demanda asistencial das áreas sanitarias do Sergas de diversos productos de uso común na atención sanitaria de primaria e especializada, utilizados e indicados na práctica diaria, ben sexa despois dunha lesión ou con fins protectores, para evitar e aliviar dores ou lesións articulares.

Esta contratación, que contempla 2 anos de duración e 3 de prórroga e que cumpre os principios de igualdade no acceso, equidade e calidade, enmarcase e complementa as actuacións que a Consellería de Sanidade ten posto en marcha no eido da mellora continua da calidade asistencial e da sustentabilidade económica do sistema sanitario público galego. 

Á autorización deste expediente  seguerá a publicación da licitación, da recepción e valoración das ofertas, e da adxudicación e formalización dos contratos.


Política de centralización de contratos

Este contrato enmárcase na política de centralización dos contratos de material sanitario que a Xunta ten posto en marcha nos últimos anos con importantes aforros. Así, o pasado mes de xuño aprobouse a licitación para a subministración sucesiva de suturas manuais e cola de tecidos non absorbible, no período comprendido entre 2022 e 2025, por un importe total de 7.289.227 euros. 

Tamén, entre os expedientes licitados por primeira vez nestes últimos anos polo Servizo Galego de Saúde, mediante compra centralizada, está a subministración sucesiva de tubos endotraqueais e cánulas de traqueotomía, adxudicado por un importe de 1.839.709,81 euros, con IVE, cun aforro do 18,66 % sobre a licitación; a subministración sucesiva de sistemas monitorización de glicosa, adxudicado por un importe de 834.291,08 euros, con IVE, cun aforro do 4,20 % sobre a licitación; e a subministración sucesiva de equipos de cobertura cirúrxica cun importe de adxudicación de 2.961.134,41 euros, con IVE, cun aforro sobre a licitación do 8,59 %. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde