A XUNTA E OS CATRO COLEXIOS DE MÉDICOS GALEGOS ASINAN O ACORDO QUE POSIBILITA A PRESCRICIÓN DE RECEITAS AOS FACULTATIVOS XUBILADOS DO SERGAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 09 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; asinou esta mañá cos presidentes dos catro Colexios Oficiais de Médicos de Galicia, o acordo que posibilita o acceso aos talonarios de receitas oficiais do Servizo Galego de Saúde, por parte do persoal médico xubilado que prestará os seus servizos como facultativo na sanidade pública asistencial galega.

Este acordo facilita o acceso á prescrición de medicamentos, exclusivamente, para uso propio, do cónxuxe ou parella de feito, e dos seus beneficiarios legalmente recoñecidos. 

No acto, participaron a xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo; e os presidentes dos Colexios Médicos de Pontevedra, Isidro Lago Barreiro; da Coruña, Luciano Vidán Martinez; de Lugo, Eduardo Iglesias García; e de Ourense, Pilar Garzón Quintela.

Máis información na seguinte ligazón:

https://saladecomunicacion.sergas.gal/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=ga&idNova=12679​ ​ 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde