A XUNTA DE GALICIA COMEZA A VACINAR COA CUARTA DOSE DA COVID ÁS 22.000 PERSOAS USUARIAS DAS RESIDENCIAS SOCIOSANITARIAS GALEGAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 09 2022
 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Xuventude, Antón Acevedo Prado; asistiron hoxe pola mañá, na Residencia Porta do Camiño, en Compostela, ao inicio da vacinación da cuarta dose covid-19 nas residencias sociosanitarias.

A Xunta de Galicia comeza hoxe a vacinar coa cuarta dose da covid-19 a todas as persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, que son un total de 22.000. No día de hoxe, vacinaranse ao redor de 3.700 persoas, usuarias de 45 centros. A todos eles tamén se lles ofrece a vacina da gripe.

A previsión é que este proceso de vacinación nas residencias dure dúas semanas, momento no que se reabrirán os grandes recintos para vacinar ás persoas maiores de 80 anos e, en orden descendente, chegar ata os maiores de 60.

Segundo avance esta poboación diana, tamén se iniciará a vacinación dos profesionais sanitarios e sociosanitarios.

A nova vacina contén as variantes BA.4 e BA.5 de Omicron.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde