A ÁREA SANITARIA DE OURENSE CONMEMORA O DÍA DO FARMACEÚTICO DESTACANDO O SEU LABOR
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 09 2022

Hoxe celébrase o Día Mundial do Farmacéutico, baixo o lema “Todos para un”, para lembrar o valor que os farmacéuticos e as farmacéuticas teñen no proceso asistencial e no coidado da saúde da poboación á que atenden.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, máis de trinta profesionais traballan nos tres hospitais públicos e en todos os Servizos de Atención Primaria, desde os que dan soporte ao máis dun centenar de centros de saúde da provincia, ao seu persoal e a súa poboación.

Farmacia é un servizo central, e como tal asesora a todos os profesionais e servizos sanitarios, participando de todo o proceso asistencial, desde o diagnóstico ao tratamento. Ademais os seus especialistas están, cada vez mais, na atención directa aos pacientes, desde as súas consultas hospitalarias e de atención primaria, ademáis de integrados nos equipos clínicos, como nos Servizos de Oncoloxía e Hematoloxía, onde o seu labor e ben coñecido, e recoñecido, polos pacientes e o resto de profesionais.

O Servizo de Farmácia da Área Sanitaria é referente, e pioneiro, na atención farmaceútica aos usuarios de todas ás Residencias Sociosanitarias públicas, e tamén ás de maior número de residentes, aos que se lles dispensa directamente a medicación, ademais de asesorar ao seu persoal.

Atención aos paciente crónicos

Os e as farmaceúticas do Servizo Galego de Saúde teñen un papel clave na atención aos pacientes crónicos, pluripatolóxicos e polimedicados, na súa maioría persoas de idade avanzada, traballando da man co seu persoal médico e de enfermería de atención primaria, na revisión dos seus tratamentos.

Son moitos os cambios e avances nos últimos anos en prol da seguridade: A Prescrición electrónica, a dixitalización e automatización dos procesos de recepción, almacenaxe e dispensación da medicación, pero o factor humano, o coñecemento e experiencia dos profesionais segue a ser indispensable, e non só para a preparación fármacos a medida cando son precisos, ou para asesorar, controlar e garantir senón para manter este complexo engranaxe funcionando. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde