MARÍA SANTOS FAISE CARGO DA SUBDIRECCIÓN DE ENFERMERÍA DO DISTRITO SANITARIO DE VALDEORRAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 10 2022

María Santos Rodríguez ven de ser nomeada subdirectora de enfermería do Distrito Sanitario de Valdeorras, tomando o relevo de Ana Prieto Blanco,  nova directora de Enfermería do Complexo Asistencial Universitario de León, e coa que traballou como supervisora de enfermería das áreas de laboratorio, oncoloxía e radioloxía, asumíndo tamén co inicio da pandemia o Covid Auto e os traslados.

Nada no concello de A Rúa, con praza como persoal estatutario fixo como enfermeira desde 2008 por oposición, a súa carreira profesional está vencellada desde moi pronto ao Hospital Público de Valdeorras, onde traballa de xeito prácticamente continuado desde 2001, tras un período no Hospital do Bierzo, e previamente no Hospital Universitario de Ourense e en atención primaria, onde exerceu en distintos centros de saúde de Valdeorras.

Previamente a facerse cargo da supervisión de enfermería, en 2014, a súa experiencia profesional vai da man da área médica, na planta laranxa, que hoxe acolle cirurxía, obstetricia e pediatría, hai uns anos dedicada case integramente ao ingreso de pacientes de medicina interna.

Diplomada en Enfermería pola Universidade de Vigo en 1998, posúe unha amplísima formación nas distintas áreas de coidados, con cursos especializados de Coidados Paliativos; de Enfermería Maternal, e de Enfermería Médico-Cirúrxica, asi como asistencia a numerosos cursos e obradoiros desde a atención oncolóxica, á pediátrica, cirúrxica, saúde mental, urxencias, coidados e curas, fármacos, problemas renais, coronarios, vasculares, neurolóxicos, violencia de xénero, pediatría e un longo etcétera.  

A súa formación tamén abrangue aspectos máis relacionados coa xestión, a calidade e a seguridade dos servizos de enfermería hospitalario e de atención primaria con cursos acreditados de Xestión Enfermeira de Calidade; de Xestión dos Servizos de Enfermería, ou de Ética, Lexislación e Administración dos Servizos de Enfermería.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde