A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA GALEGA A DOAR NAS XORNADAS PREVIAS AO FESTIVO DO 12 DE OUTUBRO 07 10 2022
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía galega a doar sangue nas xornadas previas ao festivo do próximo 12 de outubro. ADOS destaca que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns, en especial dos grupos sanguíneos 0 Negativo e A Positivo. Ademais, cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.
As semanas nas que hai algún día festivo acostuman rexistrar unha diminución na participación dos cidadáns nas campañas de doazón, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible contar coa xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue nestas datas.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Venres
7 de outubro
|
Navantia-Fene,
Carballo, Ribeira, Lestedo (Boqueixón), Marín, A Guarda, I.F.P.
Marítimo Pesquero (Vigo), Burela, Verín.
|
Sábado
8 de outubro
|
Carballo,
Ribeira, Marín, A Guarda, Pol.
|
Luns
10 de outubro
|
Betanzos,
C.I.F.P. Someso (A Coruña), Vimianzo, Fisterra, Bertamiráns
(Ames), Cuartel Figueirido (Vilaboa), Vilanova de Arousa, I.E.S.
Teo (Vigo), Santa María de Oia, Ribadeo, Rúa do Paseo (Ourense).
|
Martes
11 de outubro
|
I.E.S.
Leixa (Ferrol), C.I.F.P. Someso (A Coruña), Obelisco (A Coruña),
Teixeiro (Curtis), Santa Comba, Cuartel Figueirido (Vilaboa),
Vilanova de Arousa, I.E.S. Teis (Vigo), As Neves, I.E.S. Porta da
Auga (Ribadeo), A Pastoriza, Riotorto, Ribadavía.
|
Xoves
13 de outubro
|
Cedeira,
Catro Camiños (A Coruña), Vilaboa (Culleredo), Silleda, Área
Central (Santiago) Caldas de Reis, Cangas, Mondariz, I.E.S, Mª
Sarmiento (Viveiro), O Páramo, Láncara, A Barrela (Carballedo),
Avda.
Buenos Aires (Ourense).
|
Venres
14 de outubro
|
Pontedeume,
APPLUS (Sada), Arteixo, Carral, Noia, I.E.S. Fontiñas (Santiago),
Lalín, Porriño, Cangas, Viveiro, Xinzo de Limia.
|
Sábado
15 de outubro
|
Pontedeume,
Arteixo, Noia, Lalín,
Porriño, Praza Maior (Lugo).
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8.00 ás 22.00 horas
Sábado
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres
das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns
e venres de 15:00 a 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 08.00 ás 15.00 horas
Martes,
mércores e xoves de 15:00 horas a 22.00 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás15.00 horas
|
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
|
|