O pasado día 7 de setembro, de madrugada, o equipo médico de Cirurxía
Cardíaca Infantil do Hospital Público Universitario da Coruña, levou a cabo con
éxito o primeiro transplante cardíaco infantil nun menor con asistencia
ventricular minimamente invasiva (corazón artificial).
Deste xeito, o Hospital Público Coruñés convértese no primeiro centro, dos 6
de toda España con programa de transplante cardíaco infantil, en abordar cunha asistencia
ventricular mediante técnica minimamente invasiva, un transplante cardíaco
infantil nun neno.
Esta técnica é utilizada en adultos con problemas cardíacos graves xa que
facilita que, á espera dun órgano compatible co receptor, este chegue ao
transplante nunhas condicións óptimas. Neste senso, o Hospital Público Universitario
da Coruña atesora unha importante experiencia en adultos, o que permitiu
abordar esta complicada técnica nun menor, coas máximas garantías.
Implante do corazón artificial
O implante da asistencia ventricular minimamente invasiva realizase
mediante unha pequena incisión na parte lateral esquerda do tórax, a
continuación localízase a punta do corazón e introdúcese unha cánula que
extraerá o sangre do paciente para posteriormente, a través dunha punción na
arteria femoral, devolvela ao torrente sanguíneo coa presión axeitada
permitindo unha correcta perfusión dos órganos.
Con este dispositivo conséguese sustituir a función do corazón en condicións
óptimas á espera da aparición dun órgano compatible.
O paciente transplantado
O paciente transplantado, un rapaz de 14 anos de fora da comunidade
autónoma, atopábase de vacacións en Vigo cando sufriu un síncope en plena
calle, sendo trasladado de urxencia ao hospital cunha disfunción ventricular
que provocou unha insuficiencia cardíaca aguda. Posteriormente é trasladado ao
Hospital Público Universitario da Coruña para implantarlle un dispositivo de
asistencia ventricular que suplira a función cardíaca.
Nese intre entra en urxencia 0 para un transplante e permanece 2 meses
ingresado na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos do centro sanitario
coruñés ata que aparece un órgano compatible i é transplantado.
Ao mesmo tempo, e ao ser un paciente doutra comunidade autónoma, actívase o
protocolo do programa “Hogar de Corazones”, financiado integramente pola
Fundación María José Jove, que permite o aloxamento dos seus familiares sen
coste algún nos hoteis da cidade destinados a tal fin.
A intervención cirúrxica foi todo un un éxito e 10 días despois o paciente
foi dado de alta no hospital realizando o seguimento da súa evolución de xeito
ambulatorio.