Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
74
persoas debido a 59
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 14
de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 16
de outubro. O domingo
foi o día que rexistrou máis sinistros, con 24
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 69
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 59
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 74
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55%
e do 45%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30,5%
dos atendidos tiña entre 25
e 39
anos.
Por
provincias, Pontevedra foi
a
que máis sinistros rexistrou con 28
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
17
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
5
|
Pontevedra
|
28
|
Galicia
|
56
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 70.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en nove
accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as
ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 56
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias
asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo,
prestaron asistencia sanitaria en catro
accidentes.
En
54
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 19
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa
faleceu no punto.