O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a resolución pola que se publica a relación de novas persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo especialista de atención primaria.
Neste proceso participan 355 persoas aspirantes, para cubrir un total de 106 prazas. O pasado 29 de setembro realizouse o acto de elección de prazas, resultando adxudicadas 91 das 106 prazas ofertadas. Nesa primeira quenda, cubríronse todas as prazas das áreas sanitarias de Santiago-Barbanza e Ferrol.
Nestes intres quedan por adxudicar 15 prazas: 6 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 4 na área sanitaria de Vigo; 3 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e 1 en cada unha das áreas sanitarias da Coruña e Cee, e na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Co obxecto de adxudicar as 15 prazas publicase a resolución, abrindo un prazo dez días para que os seleccionados, como as posibles reservas aporten a documentación necesaria para o seu nomeamento. Recibida a documentación realizarase a convocatoria para o acto de elección de destino.
Próximas actuacións
Co obxecto de conseguir a incorporación aos centros de saúde dos facultativos especialistas en atención primaria, está previsto que neste mes de outubro tomen posesión os 91 aspirantes que xa elixiron destino.