A Xunta de Galicia destina a Área Sanitaria
de Ourense, Verín e Valdeorras un orzamento de 565.715.617 euros, un 6.2%
que en 2022 (e ata 15,35% con respecto a 2019, o último ano
prepandémico) do que se destina a Atención Primaria máis de 196 millóns de
euros.
Por vez primeira supérase a barreira dos 7
millóns de euros na formación MIR de novos especialistas, que crece un
12,75%, a maioría de atención primaria, donde pasan de 14 a 21 prazas para a formación de persoal especialista en
medicina familiar e comunitaria.
O investimento na contratación dos preto de
6000 profesionais de atención primaria e dos tres hospitais públicos de
Ourense, Verín e Valdeorras, o principal valor da sanidade pública, ronda a
metade do orzamento total para 2023. En concreto 278.678.720€, cun incremento
histórico do 15,16%, con respecto ao último ano prepandémico, 2019, e un 5%
máis que en 2022.
Grandes obras
O ano 2023 continuará a ser o dos grandes investimentos
para afrontar os grandes retos xa en marcha. Con 19 millóns de euros consignados ás obras
do Plan Director do Hospital de Universitario de Ourense, deles 7 millóns para
as obras que se están executando do novo edificio de hospitalización, 6,5
millóns para a reforma da unidade de coidados intensivos; 2,7 millóns a nova
unidade de medicina nuclear e 2,7 millóns para a obra de reforma da área de
cardioloxía intervencionista, neste intre xa licitada.
As obras non se limitan a Ourense, xa que
os orzamentos recollen 3,4 millóns de
euros para a ampliación do Hospital Público de Verín, actualmente en marcha, en
concreto 3.061.009 € para o novo edificio de urxencias e 337.000€ para
equipamento. Tamén para completar as obras de reforma das consultas externas, o
hospital de día, a farmacia e a área de cirurxía maior ambulatoria do Hospital
Público de Valdeorras, esta anualidade destina 405.374 € para concluilas.
Os centros de saúde da provincia tamén
afrontarán grandes retos en canto a obras. Cunha partida de ata 6.640.255 € no
Plan de Atención Primaria para a construción de novos centros de saúde e
1.476.552 € para reformas, ampliacións e melloras de centros de saúde dos
existentes. Entre eles o novo “Centro Integral de Saúde”, ao que se
destinarán 3.371.041 € para licitar unha esperada obra de construción do novo
edificio que integrará o Punto de Atención Continuada de Ourense e o Centro de Saúde Novoa Santos, que se
demolerá para contruilo.
Nesta mesma partida orzamentaria resérvanse
mais de 1.4 millóns para elaborar os proxectos dos novos centros de saúde de
Boborás e Muiños -que serán licitados antes de rematar o ano- para proxecto do
novo centro de saúde do Carballiño, unha vez asinado protocolo co concello para
edificalo nunha parcela xa propiedade da Xunta de Galicia. Así como para as obras de reforma do acceso do centro
de saúde de Toén, proxecto xa adxudicado.
Igualmente resérvanse desta partida 500.000 € para licitar os proxectos de novos
centros de saúde incluídos no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria
cando o concello achegue unha parcela axeitada, como poderían ser os de
Montederramo, Allariz ou Mariñamansa (Ourense).
Investimento histórico en equipamento
sanitario
2023 continuará a ser un ano histórico en
canto a investimento en equipamento sanitario e alta tecnoloxía. Consígnanse os
fondos para completar os pagos dos contratos licitados ao longo de 2022 cos
fondos europeos Next Generation, que supoñen un investimento de 13 millóns de
euros en equipos destinados ao Hospital Universitario de Ourense.
En concreto que 2 novos aceleradores lineais, adxudicados por
4,4 M€; 4 equipos Tomografía Computerizada (TC) adxudicados por 2,6 M€,
incorporando un de tecnoloxía espectral, que mellora a capacidade diagnóstica e
diminúe as doses de radiación. 2 novos
arcos de Radioloxía Vascular, adxudicados por máis de 2M de euros e un deles
neurovascular; a Incorporar 1 equipo PET-T; adxudicado por 1,4 M€; 2
gammacámaras, licitadas por por 1.5M, e unha sala hemodinámica licitada por
829.129,92 €
Igualmente con cargo aos fondos Next
Generation renovanse os TC dos hospitais de Verín, adxudicado e xa instalado por
importe de 301.108 €; e no hospital de Valdeorras, xa adxudicado por un importe
de 301.108 €