O HOSPITAL DA BARBANZA CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO XUNTANDO AOS DIRECTIVOS E PROFESIONAIS VINCULADOS AO CENTRO DENDE O SEU COMEZO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 11 2022
O Hospital Público da Barbanza celebra hoxe o 25 aniversario da súa apertura. Para elo xuntou a directivos e profesionais vinculados ao centro dende o seu comezo, así como aos alcaldes dos catro concellos do distrito (A Pobra, Ribeira, Porto do Son e Boiro) nun acto que tivo lugar esta mañá no salón de actos do centro.

O director do distrito da Barbanza, Salvador Mariño-Ageitos foi o encargado de presentar a xornada na que se mostrou orgulloso da familia que forma o persoal  e   animounos a “seguir remando para seguir mellorando”.

Tras el, a xerente Eloína Núñez procedeu a apertura do acto, momento no que destacou o papel deste hospital que naceu como “servizo imprescindible para mellorar a asistencia sanitaria aos veciños dos catro concellos” Tamén falou dos cambios que se viviron dende os seus comezos e como agora este centro pode chegar a realizar 850 asistencias ao día. 

Salientou que “o valor deste hospital sodes vós, os profesionais que formades parte de el. Orgullosos do seu centro, persoas dedicadas e implicadas”.

Logo da celebración de dúas mesas sobre “lembranzas de hospital” e “25 anos de camiño andado” na que participaron profesionais e ex directivos do centro, clausurou o acto o conselleiro de Sanidade.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comezou a súa intervención agradecendo a asistencia para pasar a destacar o papel crucial “que xogan os hospitais comarcais en Galicia, que aproximan os servizos hospitalarios ao cidadán cunha calidade equiparable a de calquera outro hospital de referencia”. 

O conselleiro tamén recordou os fitos máis importantes do centro tales como as obras de ampliación das urxencias “converténda na que posiblemente sexa unha das urxencias mellor planificadas e estuturadas de Galicia”, as melloras no laboratorio, a ampliación das consultas externas. Asemade, destacou “ a nova lei de provisión de prazas sanitarias como chave para garantir o futuro dos hospitais comarcais”

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde