​A XUNTA GARANTE O EXERCICIO DA LIBERDADE RELIXIOSA NA SANIDADE PÚBLICA A TRAVÉS DUN ACORDO CO CONSELLO EVANXÉLICO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 11 2022
 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e o secretario executivo do Consello Evanxélico de Galicia, Germán Collazo Fernández; asinaron esta mañá un convenio de colaboración para posibilitar o desenvolvemento de funcións de culto e asistencia da prestación relixiosa aos pacientes que profesen a relixión evanxélica nos hospitais do Servizo Galego de  Saúde.

Con este acordo, a Xunta continúa garantindo o exercicio da liberdade relixiosa na rede sanitaria pública galega e, os pacientes do Sergas que profesen a relixión evanxélica, terán a súa disposición espazos habilitados para este este tipo de asistencia, tal e como acontece coa relixión católica. 

No acto, tamén estiveron presentes o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; e o Presidente do CEG, Juan Martínez Lagos.

Nesta liña, o departamento sanitario público galego está a traballar nun novo decreto de sanidade mortuoria, para a realización de ritos funerarios segundo outras confesións, como poden ser a musulmá ou a xudía.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde