​FARMACEÚTICOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PARTICIPAN NO DEBATE SOBRE OS RETOS DO FUTURO DA POLÍTICA FARMACEÚTICA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 11 2022
 

A Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), acolleu esta mañá o segundo “Encontro autonómico sobre política farmacéutica”, no que directores de Farmacia das diferentes administración autonómicas, analizaron os retos de futuro, no marco da Estratexia Farmacéutica Europea.

O secretario xeral da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; e o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; asistiron esta mañá a inauguración dunha xornada nas que, ademais dos responsables galegos, participan directores de Farmacia das comunidades autónomas de: Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco e A Rioxa, 

Organizado pola Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF), o obxectivo desta xornada é que os responsables autonómicos en materia de política farmacéutica, analicen os retos que presenta o futuro neste ámbito, ademais de analizar as prioridades da prestación, xestión e ordenación farmacéutica, asegurando con isto, a sustentabilidade que require o sistema sanitario.

Nesta liña, coordinado polo director de Farmacia do Departamento de Saúde do Goberno vasco, Jon Iñaki Betolaza San Miguel; e presentado pola subdirectora xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde, Silvia Reboredo García; neste encontro tamén se debaterán  propostas de actuación no marco da Estratexia Farmacéutica Europea, coa que se pretende garantir que os pacientes teñan acceso a medicamentos de alta calidade, seguros, eficaces e alcanzables, e que a industria farmacéutica da Unión Europea siga sendo competitiva, innovadora e sostible. 

A Asociación Española de Dereito Farmacéutico (ASEDEF) ten como  obxectivo a investigación, promoción, progreso e difusión do  ordenamento xurídico relacionado cos medicamentos, servizos e  produtos farmacéuticos e sanitarios, apostando pola transformación  dixital como reto e oportunidade para fortalecer o noso sistema  sanitario e propoñendo a necesidade de abordar as políticas necesarias  para alcanzar estes obxectivos. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde