​Á UNIDADE DE ENFERMIDADE INFLAMATORIA INTESTINAL DO HULA RECIBE A CERTIFICACIÓN DE CALIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 11 2022
 

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, presidiu esta mañá o acto de entrega da certificación de calidade, que foi concedido á Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do Hospital Lucus Augusti (HULA).

Trátase dun recoñecemento á excelencia da Unidade de Atención Integral a Pacientes (EII), que concede o grupo español de Traballo de Enfermidade de Crohn e Colitis Ulcerosa (GETECCU).

A acreditación é o maior recoñecemento que pode recibir o labor destas unidades, situándose como referente da calidade asistencial e investigadora dentro sistema sanitario público.

O programa de certificación das unidades de atención integral a pacientes con EII (CUE) é un proxecto desenvolto e impulsado por GETECCU, auditado por Bureau Veritas, como terceira parte independente, e que conta co apoio da biofarmacéutica AbbVie.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde