SANIDADE DESTACA A CAPACIDADE INNOVADORA DE GALICIA NA ABORDAXE INTEGRAL DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAÚDABLE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 11 2022
 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou esta mañá, en Vigo, as XXXVIII Xornadas Científicas da Sociedade Galega de Rehabilitación e Medicina Física (SOGARMEF).

Durante a súa intervención, o máximo responsable da Sanidade galega puxo en valor a capacidade innovadora de Galicia no referido á abordaxe integral do envellecemento activo e saúdable.

Así mesmo, destacou a colaboración da Sociedade Galega de Medicina Física e Rehabilitación coa Consellería de Sanidade na elaboración e, próxima aprobación, do Proceso Asistencial Integrado en Dano Cerebral Adquirido, que ten por obxectivo  homoxeneizar e estandarizar a atención ao dano cerebral na fase subaguda.

García Comesaña aplaudíu a celebración destas xornadas na que expertos intercambiarán información e experiencias, e puxo en valor que as súas contribúen a mellorar a calidade de vida e a asistencia sanitaria dos pacientes galegos.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde