A XUNTA LEMBRA QUE A AUTOCITA PARA A DOSE DE REFORZO VAI DIRIXIDA AOS MAIORES DE 60 ANOS E PERSOAS INCLUÍDAS NO GRUPO DE RISCO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
14 11 2022
 A Xunta de Galicia lembra que a autocita para a administración da segunda dose de reforzo da covid-19, que se administra desde hoxe en grandes recintos, vai dirixida aos maiores de 60 anos e ás persoas incluídas no grupo de risco. Un total de 2.156 persoas solicitaron ata o de agora autocita para vacinarse.

A Xunta de Galicia continúa liderando a administración da segunda dose de reforzo da vacina contra a covid-19 á poboación diana, co 82% de persoas de 80 e máis anos vacinadas, o 75% dos que teñen 70-79, e o 65% dos de 60 a 69 anos.

Co ánimo de facilitar, aínda máis, a vacinación, a Xunta de Galicia ven de abrir a autocita a través da web www.sergas.es e a aplicación SergasMóbil. Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública lembran que a cuarta dose, ou segunda dose de reforzo, está indicada a persoas maiores de 60 anos e aos grupos de risco:

-Persoas maiores de 60 anos que non puideron acudir a vacinarse.

-Sanitarios que non acudiron á cita ou que non foran citados.

-Persoas menores de 60 anos con enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respitarorias -incluindo displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma-.

-Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres que, despois de 6 meses do parto, non se vacinaran durante o embarazo.

-Convivintes con persoas de alto grado de inmunodepresión.

Neste sentido, a Consellería de Sanidade informa que os equipos de enfermaría preguntarán ás persoas que acudan aos grandes recintos se pertencen aos grupo anteriormente citado, co obxecto de lle dar toda a información sobre as indicacións desta nova dose.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde