A XUNTA ADQUIRE DOUS EQUIPOS DE CARDIOLOXÍA INTERVENCIONISTA POR 1,7 MILLÓNS DE EUROS PARA A RENOVACIÓN DUNHA DAS SALAS DE HEMODINÁMICA DO HOSPITAL DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 11 2022

A Xunta anunciou a pasada semana a adxudicación, por un importe de 1,7 millóns de euros os contratos para adquirir dous novos equipos de hemodinámica para a renovación dunha das salas de cardioloxía intervencionista do Hospital Universitario da Coruña.

A compra deste novo equipamento foi posible a través dos fondos europeos Next Generation para a renovación de alta tecnoloxía sanitaria, que a Xunta incorporou nos Orzamentos de 2022 e complementa con fondos propios para poñer toda a tecnoloxía punteira ao servizo das sete áreas sanitarias.

Fondos europeos para  a renovación de equipos en toda Galicia

A Xunta de Galicia destaca que, tanto os fondos europeos REACT como os Next Generation, permitiron, en 2021 e 2022, respectivamente, a adquisición e renovación de novo equipamento sanitario de última xeración en toda Galicia.

Cos fondos REACT fináncianse os mais de 60 millóns destinados á renovación de equipamento sanitario nos orzamentos de 2021, que permitiron a adquisición de sete sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci, equipos de última xeración instalados nos hospitais de cabeceira das sete áreas sanitarias, ademais da renovación dos equipos radiocirúrxicos e os ecógrafos dos servizos de urxencias e radiodiagnóstico de toda a rede hospitalaria galega.

Pola súa banda, os fondos Next Generation para a renovación de alta tecnoloxía sanitaria permitiron en 2022 licitar contratos por máis de 68 millóns de euros para a renovación de 76 equipos, coa aportación de fondos propios da Xunta. Ademais o proxecto de orzamentos para 2023 contempla unha partida de 50 millóns de euros que permite afrontar os pagos das anualidades dos contratos asinados e incorporar eses fondos extra da Xunta.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde