A VACINACIÓN CONTRA A GRIPE AOS NENOS E NENAS NOS HOSPITAIS GALEGOS DESTA FIN DE SEMANA CONSEGUE AUMENTAR EN SETE PUNTOS A COBERTURA DA POBOACIÓN DIANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 11 2022


O dispositivo preparado pola Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública, para vacinar esta fin de semana aos nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses, no conxunto de hospitais galegos, conseguiu vacinar a un total de 5.000 nenos e nenas, o que posibilitou que a cobertura da poboación diana pase do 36,22% ao 43,44%.

Por áreas sanitarias, na da Coruña a cobertura pasa, grazas a este operativo, do 39,60% ao 46,26%, o que supón un incremento do 6,67; a de Ferrol pasa do 36,81% ao 43,66% (incremento do 6,85); a de Santiago do 46,18% ao 52,42% (incremento do 6,23); a de Lugo, do 34,53% ao 41,42% (incremento do 6,90); a de Ourense, do 27,38% ao 35,08% (incremento do 7,70); Pontevedra, do 32,16% ao 40,99% (incremento do 8,84); e a de Vigo, do 31,67% ao 39,37% (incremento do 7,70)

Nestas xornadas extraordinarias multiplicouse por oito os nenos vacinados nun día. Así, se consideramos que se vacinan unha media de 600 nenos ao día, con este operativo desta fin de semana, vacináronse o equivalente a oito días.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde