A SANIDADE PÚBLICA GALEGA RECIBE 12 GALARDÓNS NOS PREMIOS BEST IN CLASS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 12 2022

A sanidade pública galega volveu ser recoñecida como unha das mellores de toda España, tras recibir 12 galardóns os seus servizos asistenciais e centros hospitalarios, nos prestixiosos premios ‘Best In Class 2022’, que anualmente entrega o diario especializado Gaceta Médica.

Destes 12 galardóns, dous foron para a Consellería de Sanidade, un pola súa estratexia autonómica en oncoloxía e outro como mellor abordaxe autonómica en enfermidades raras. Os dez galardóns restantes á sanidade pública galega foron para diferentes servizos sanitarios da rede do Sergas.

En concreto foron premiados, como mellor Servizo de Dermatoloxía, o do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; o mellor Servizo de Cardioloxía foi para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; o premio ao mellor Servizo de Neuroloxía acadouno o do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; o mellor centro de saúde de atención primaria foi para o servizo de atención primaria da Estrada; a mellor organización integrada en atención primaria foille concedida ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; a mellor unidade de hepatite C foi para a do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; a mellor área asistencial de Neurociencias foi para o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o mellor Servizo de Urxencias foi para o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; a mellor unidade de dor foi para o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e o mellor Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública foi para o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O acto, contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen recolleu os dous galardóns concedidos á Consellería.

O Servizo Galego de Saúde optou ao galardón en 23 das 40 categorías duns premios nos que se distinguen os centros hospitalarios e de saúde de todo o territorio nacional, de acordo ao desempeño do seu labor asistencial en relación coa atención dos pacientes.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde