A XUNTA AUTORIZA A CONTRATACIÓN DO MANTEMENTO DO EQUIPAMENTO DOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE DA ÁREA DA CORUÑA E CEE POR 3.365.663 EUROS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 12 2022
 O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación do servizo integral de mantemento e primeira intervención dos equipos e instalacións para o coidado da saúde e equipamento clínico complementario instalado nos hospitais e centros de saúde dependentes da área sanitaria da Coruña e Cee por importe total de 3.365.663 euros e por un periodo de 2 anos.

A licitación, cunha duración de 2 anos e un valor estimado de máis de 7,5 millóns de euros, busca que o equipamento dos centros dependentes desta área sanitaria se atopen nas mellores condicións de operatividade e de uso. Este contrato inclúe ademáis por primeira vez o equipamento da nova área cirúrxica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), así como o da nova Central de esterilización. Tamén, contempla novos medios materiais e accesorios, como dispositivos móbiles para xestión do mantemento en tempo real, sistemas de información e equipamento informático.

O contrato autorizado hoxe persegue, ademáis de que os equipos para o coidado da saúde instalados nos diferentes centros da área sanitaria da Coruña e Cee se atopen no mellor estado de operatividade, minimizar os períodos de parada destes ante posibles eventualidades, así como garantir a continuidade das prestacións para unha mellor práctica asistencial dos doentes.

No que atinxe á renovación do equipamento de alta tecnoloxía sanitaria nesta área, que se está a acometer dende hai uns meses a través dos fondos Next Generation, e que se completará no primeiro semestre de 2023, compre destacar: a renovación de 5 TAC (1 en Cee, 1 en Abente e 3 no HUAC), 1 resonancia no HUAC, 2 salas de hemodinámica, 1 sala de vascular e 1 sala de neurorradioloxía. O investimento total é de 8.422.097 euros.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde