OS PACIENTES DE VALDEORRAS INAUGURARON HOXE O NOVO HOSPITAL DE DÍA ONCO-HEMATOLÓXICO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 12 2022

Os e as pacientes do Hospital Público de Valdeorras estrearon hoxe o novo Hospital de Día Onco-Hematolóxico, a primeira das grandes reformas en marcha no centro público, nas que a Xunta de Galicia está a investir 1.287909,48€, e que inclúen ademais a modernización e ampliación da Farmacia e da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria.

As obras do novo Hospital de Día foron especialmente complexas xa que esixiron meses de traballos e pasos previos -para liberar ás areas a reformar-  ademais de habilitar os dous “hospitais móbiles” dos que dispón o Sergas para acoller esta delicada actividade asistencial, con márxes de seguridade e comodidade para manter este servizo no Barco, evitando así que os pacientes de Valdeorras tivesen que trasladarse a Ourense, para recibir os seus tratamentos de quimioterapia durante os traballos.

Coa apertura das renovadas instalacións, totalmente equipadas e con moito mais espazo tanto na área de tratamentos como consultas, ábrese agora o prazo de arranque da ampliación da Unidade de Cirurxía Maior. En paralelo as obras de Farmacia están moi avanzadas, polo que agardase estén dispoñibles nos próximos días.

Melloras en espazos e equipamento

O novo Hospital de Día, conta con cadeiras de tratamento con brazos, mais separadas para favorecer a privacidade e a seguridade e cabezal de control, configurable polo paciente. Igualmente a unidade dotouse con camas lixeiras de fácil transporte, e un control de enfermería aberto  e amplo para facilitar o traballo asistencial con boa visibilidade de todos os postos.

Ademais a nova área oncolóxica tamén inclue unha mellora moi esperada na área de consultas, que conta agora con dúas salas e unha área ampla área de espera con bancadas.

As obras tamén permitiron actuar para habilitar unha sala independente para o servizo de Endoscopias/Dixestivo, con dúas áreas incorporadas: unha adicada á espera de consultas e outra á espera de probas.

Ampliación de Farmacia, Cirurxía Ambulatoria e Consultas

As obras que se están a realizar en Farmacia permitirán crear unha zona de recepción-dispensación; outra para a almacenaxe de material; localización da neveira de citostáticos e colocación dos EPI do persoal que traballa no interior das cabinas. Ademais, a reforma está a habilitar un espacio para o laboratorio e unha área especifica para a realización do reenvasado da medicación.

Co remate inminente das de Farmacia as que comezarán estes días son  as da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA), onde se vai a ampliar a zona de atención preoperatoria, cunha sala aberta e máis ampla, con áreas para camas e de cadeiras de brazos distribuídas de xeito que sexa posible a visión directa desde o control de enfermería, ademais de permitir, en caso necesario, o seu peche para manter a privacidade dos pacientes antes ou despois da súa entrada a quirófano.

Ademais desta obra, este verán a reactiváronse as obras de Consultas Externas, cun orzamento que se ampliou de 453.949,4 € a 649.907,57 € para executar as obras, que a Consellería de Sanidade lle encargou este verán á empresa pública TRAGSA.

As obras, actualmente en marcha, cun prazo de execución de 12 meses,  que teñen por obxectivo a reforma e actualización da área de consultas externas, a dotación dun sistema de quenda, instalar un novo ascensor-montacamas, mellorar o confort térmico da área de Rehabilitación e espera da Resonancia Magnética, e das consultas externas, instalando nos accesos unha cortina modular de aire con control intelixente e portas corredizas automáticas.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde