SANIDADE ACORDA OS BAREMOS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN POR CONCURSO OPOSICIÓN E POR CONCURSO DE MÉRITOS NO SISTEMA PÚBLICO DE GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 12 2022

A Consellería de Sanidade acordou onte, na reunión da Mesa Sectorial, os baremos dos procesos de estabilización por concurso oposición e por concurso de méritos do sistema público de Galicia.

En virtude deste acordo, acadado coa maioría dos membros da mesa, os baremos de concurso oposición manterán a estrutura ordinaria dos anteriores procesos, se ben a nota de corte se rebaixa do 50% ao 35%.  As convocatorias abranguerán 109 categorías profesionais e serán publicadas antes do 31 de decembro de 2022. O prazo de solicitude iniciarase o 9 de xaneiro do ano 2023.

As prazas a convocar por concurso oposición terán quendas de promoción interna (1.335 prazas), acceso libre e discapacidade xeral e intelectual.  Se baremarán, por primeira vez, os servizos prestados nos Hospitais de Cee, O Barco de Valdeorras, Verín, A Mariña e Monforte de Lemos, que computarán o triple.  

Polos sistema de concurso oposición sairán convocadas 3.860 prazas, mentres que por concurso de méritos sairán convocadas 1.757 prazas de 98 categorías do sistema público de saúde e 34 de investigadores. 

En canto aos baremos de concurso de méritos aprobado, priman os servizos prestados no Servizo Galego de Saúde con vínculo temporal, co dobre da puntuación con respecto ao prestados noutros servizos de saúde. A puntuación do coñecemento da lingua galega se sube de 4 a 5 puntos. 

O apartado de experiencia profesional, que suporá ata un 70 por cento da puntuación máxima do concurso, será de 28 puntos.  Os servizos prestados exclusivamente como persoal estatutario temporal na mesma categoría e especialidade ou categoría equivalente homologada, no Sistema Público de Saúde de Galicia: 0,20 puntos/mes.

Para acadar a puntuación máxima no apartado de experiencia profesional, será necesario ter prestado con carácter xeral entorno a 12 anos de servizos no Sistema Sanitario Público de Galicia con vinculación temporal.

O 30 por cento restante da puntuación destinarase a valorar a formación e outros méritos relevantes para o mellor desempeño das funcións inherentes ás diversas categorías profesionais (12 puntos).

Os procesos están orientados a acadar a redución da taxa de temporalidade estrutural  por debaixo do 8%.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde