O
Consello da Xunta autorizou hoxe a aceptación da cesión do terreo
feita de xeito gratuíto por parte do Concello de Boborás que
permitirá a construción dun novo centro de saúde no municipio.
A
execución desta infraestrutura sanitaria é froito do acordo de
colaboración asinado entre a Consellería de Sanidade e o Concello
de Boborás en marzo deste ano para dar unha mellor resposta aos
problemas de saúde da poboación mediante actuacións que permiten
mellorar as dotacións e infraestruturas adicadas á atención
asistencial á cidadanía no Concello ourensán.
A
construción deste novo centro de saúde estaba prevista na fase 1 do
Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado
polo Consello da Xunta o 29 de outubro de 2021. Froito desa
planificación o concello, coa axuda da Deputación de Ourense,
procedeu a expropiar as parcelas necesarias. A
nova infraestrutura construirase
nunha
parcela de 6.247 metros cadrados situada no Concello de Boborás, na
denominación Cotiño.
En
desenvolvemento do convenio, o pasado 21 de xullo, a Consellería de
Sanidade asinou a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas para
a xestión das actuacións en relación coa redacción do proxecto e
a execución das obras de construción do novo centro de saúde de
Boborás (Ourense).
Dado
o avanzado dos trámites por parte do Concello e só á espera deste
acordo de cesión, a Xunta, a través da Axencia Galega de
Infraestruturas, avanzou na licitación o pasado 29 de novembro, por
importe de 90.857 euros, da redacción
do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo
centro de saúde de Boborás.
Una
vez adxudicado e asinado o contrato, a empresa adxudicataria disporá
dun prazo de 3 meses para entregar o proxecto básico e de 2 meses
para presentar o proxecto de execución, unha vez que o proxecto
básico sexa informado favorablemente.
O
orzamento estimado para a execución das obras do novo centro de
saúde de Boborás estímase en 1,24 M€, un investimento da Xunta
que quedará determinado finalmente no proxecto de execución.
A
Deputación de Ourense achegará 186.000 euros para a urbanización
dos terreos do novo centro de saúde, orzamento que inclúe un
aparcadoiro con 70 prazas, unha parada de autobús, a construción de
beirarrúas e a instalación de colectores para a xestión de
residuos.
O
propio Concello está a urbanizar esta parcela, dotándoa de servizos
urbanísticos e beirarrúas e incorporando, tamén, na súa parte
traseira, unha zona de estacionamento que servirá ao conxunto de
equipamentos que se están a construír neste ámbito. Prevese, polo
tanto, unha superficie de 2.100 m2 aproximadamente na súa fronte
para a localización do centro de saúde do municipio ourensá.
Incremento
nun 40% da superficie actual
De
acordo co programa funcional e de espazos, o centro de saúde
incrementará en case un 40%
a superficie actual. Máis
en concreto, o novo centro acadará unha superficie construída de
663,60 m² e unha superficie útil de 592,50 m2.
A
área de asistencia sanitaria contará con 2 consultas de medicina
xeral, 2 de enfermaría, zona de espera e 1 sala da muller con aseo
propio.
Contarase
cun área de respiratorios, con sala polivalente e sala de espera
independente, e un área asistencia polivalente adicional.
O
novo centro de saúde disporá dun espazo cuberto para a ambulancia,
vestíbulo, recepción con zona de espera e un despacho para atención
ao usuario. O resto da superficie será para administración,
servizos e instalacións.