O
Consello da Xunta autorizou na súa reunión de hoxe o segundo acordo
de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de
Saúde e a Asociación de Enfermos de Ril (ALCER), asinado o 15 de
decembro do ano 2020, que garante a cobertura do servizo de traslado
de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo.
O
propósito do convenio, que se prorroga ata o 14 de decembro de 2023,
é simplificar as prestacións por desprazamento das persoas desta
provincia afectadas por insuficiencia renal crónica que reciben
tratamento de hemodiálise. O importe anual da subvención da
prorroga deste convenio é de 672.880 euros.
O
labor de ALCER é mellorar as condicións de vida do colectivo de
enfermos de Ril na provincia de Lugo e, entre outras actividades,
encárgase de xestionar o traslado dos pacientes aos centros
sanitarios para recibir tratamento de hemodiálise.
Deste
xeito, os pacientes que teñen que acudir a diferentes centros
distribuídos pola provincia luguesa para seren tratados con
hemodiálise, son trasladados en taxi ou, se a súa condición
clínica así o require, en ambulancia.
O
servizo traslada a unha media mensual de 158 pacientes, realizando 56
rutas e unha media de 76.000 quilómetros cada 30 días.