Á ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS ACOLLEU HOXE A TOMA DE POSESIÓN DE 120 PROFESIONAIS SANITARIOS COMA PERSOAL FIXO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
13 12 2022

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés acolleu hoxe no hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a toma de posesión dun total de 120 profesionais sanitarios coma persoal fixo do Servizo Galego de Saúde nesta área de saúde, toda vez que se superaron os procesos selectivos tanto en hospitais públicos e entidades coma o 061. 

Deste total de 120 profesionais, 85 toman posesión coma persoal fixo do SERGAS na Área Sanitaria coma facultativos especialistas -70 no distrito sanitario de Pontevedra e 15 no distrito sanitario de O Salnés-; 23 profesionais coma persoal técnico -20 no distrito sanitario de Pontevedra e 3 toman posesión no distrito sanitario de O Salnés-; e 12 toman posesión coma persoal facultativo de Urxencias -8 no distrito sanitario de Pontevedra e 4 no distrito sanitario de O Salnés-.

Proceso de estabilización dos cadros de persoal

A Xunta de Galicia continúa así co seu traballo administrativo e organizativo no proceso de estabilización dos cadros de persoal e mellora dos servizos sanitarios públicos, con medidas para fomentar a conciliación e a estabilidade dos empregados públicos así como co desenvolvemento da súa carreira profesional.

A incorporación destes profesionais coma persoal fixo do Servizo Galego de Saúde trala superación destes procesos selectivos tamén contribuirá a paliar o déficit de médicos que sofre o conxunto do Sistema Nacional de Saúde. 

A continuidade nas xestións para a consolidación do persoal na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés seguerá a ser unha prioridade para o Goberno galego. 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde