O CONSELLO ASESOR DE PACIENTES DA ÁREA SANITARIA DE FERROL CELEBRA A SÚA REUNIÓN ORDINARIA ANUAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 12 2022
O salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol acolleu hoxe a reunión ordinaria anual do Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol. Despois de dous anos celebrando as reunións de xeito telemático, este ano retómanse as reunións de carácter presencial.

A reunión estivo presidida polo xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Dr. Ángel Facio Villanueva,  e nela informouse ás persoas asistentes sobre a situación sanitaria da área, sobre a evolución do Plan Director así como se informou sobre actividades divulgativas de carácter sanitario desenvoltas por distintos profesionais da área sanitaria e que serán postas a disposición da cidadanía en xeral na páxina web da Área Sanitaria.

O Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol constituise formalmente en outubro do ano 2019. Inicialmente incorporáronse a este consello asesor un total de 19 asociacións, e en marzo de 2022 incorporouse a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista da provincia de A Coruña (ASPANAES) que contan con dous centros na Área Sanitaria de Ferrol.

Consello Asesor de Pacientes

O Consello Asesor de Pacientes é un órgano de carácter consultivo regulado na Orde de 16 de outubro de 2018, pola que se establece a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área. 

Configúrase como un vehículo de implicación das asociaciones nas que se agrupan os pacientes, canalizando a súa su participación e a das súas familias (ou das persoas que os representen ou que se responsabilicen do seu coidado), coa finalidade de participar e colaborar na mellora da calidade da asistencia sanitaria.

 Estes Consellos permitirán aos pacientes, a través das súas asociacións, ter maior voz e asesorar a través destes órganos sobre aspectos relacionados coa asistencia sanitaria, a prevención da enfermidade ou o deseño dos espazos dos centros sanitarios para a mellora da súa accesibilidade e funcionamento. Tamén poderán realizar propostas que poidan contribuír á mellora da atención e coidados dos pacientes, asesorar sobre os contidos das guías de información dirixidas a pacientes, ou na mellora da información da seguridade, entre outras cuestións.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde