A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desexa transmitir a todas as persoas que acudiron a doar sangue, e están a doar nestes días, o seu recoñecemento, xa que grazas ao seu xeneroso xesto estanse recuperando, ata niveis axeitados, as reservas de todos os grupos sanguíneos. Da mesma maneira, quere estender o seu agradecemento aos medios de comunicación galegos que contribúen a difundir información relacionada coa necesidade de doar sangue nos momentos de reservas baixas, e a todas as persoas e institucións que facilitan que podamos atender a todos aqueles que se achegan a doar.
Xenerosidade da poboación galega
Desde ADOS queremos poñer en valor que grazas á solidariedade amosada por todos os doantes que responderon ao chamamento, centos de pacientes galegos poden recuperar a súa saúde.
A importancia de doar no Nadal
Por outra banda, cómpre lembrar que as próximas festas de Nadal requiren dun esforzo na participación da cidadanía, pois a demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais non diminúe. Neste caso, salientar que durante todos os días do ano Galicia necesita entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir que os nosos centros hospitalarios conten en todo momento cos compoñentes sanguíneos precisos para o seu labor asistencial.
ADOS agradece a todos os galegos e galegas a súa inestimable xenerosidade e altruísmo como doantes, e lembra que a doazón de sangue necesita dun compromiso e colaboración constante para manter as reservas dos distintos grupos sanguíneos nuns niveis idóneos.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Mércores
21 de decembro
|
Miño,
Los Rosales (A Coruña), Carral, Santa Comba, Praza Roxa
(Santiago), Barro, Ponte Caldelas, Balaídos (Vigo), Redondela,
Cervo, Mondoñedo, Bº Estación (Ourense).
|
Xoves
22
de
decembro
|
Fene,
Cambre, Oleiros, Melide, Pobra do Caramiñal, Cuntis, Porriño,
García Barbón (Vigo), Paradela, Portomarín, Monforte, A Merca,
Taboadela, Bº San Francisco (Ourense).
|
Venres
23
de
decembro
|
Praza
de España (Ferrol), Praza Conchiñas (A Coruña), Sada, Rianxo,
Área Central (Santiago), A Estrada, Navia e Valadares (Vigo),
Monforte, o Carballiño.
|
Sábado
24
de
decembro
|
Praza
de España (Ferrol), Obelisco (A Coruña), Área Central
(Santiago), Navia (Vigo), Rúa do Paseo (Ourense)
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8.00 ás 22.00 horas
Sábado
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres
das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns
e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes,
mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 08.00 ás 15.00 horas
Martes,
mércores e xoves de 15.00 horas a 22.00 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.