Máis de trinta servizos, unidades, bloques
cirúrxicos, centros de saúde ou áreas de consultas dos tres hospitais de
Ourense, Verín e Valdeorras
participaron este ano no III Concurso de Decoración de Nadal da Área
Sanitaria, iniciativa se iniciou coa pandemia para agradecer os esforzos do
persoal por humanizar os espazos en datas tan complexas, e que agora se
consolida.
En Valdeorras empataron a Unidade de Reanimación e a Pranta Verde, mentres que no
Hospital Público de Verín o primeiro premio foi para a Unidade Amarela, o
segundo para Laboratorio e o terceiro para o Hospital de Día de
Onco-Hematoloxía.
No Hospital Universitario de Ourense, o
xurado, composto por representantes das asociacións de pacientes Aodemper, Dano
Cerebral e Anedia, precisou de dúas xornadas para visitar todos os espazos,
resultando premiados o Servizo de Urxencias, co primeiro premio, Anestesia e
Reanimación co segundo para e a Unidade de Hospitalización da Terceira Norte,
do novo Edificio de Hospitalización (Traumatoloxía) o terceiro.
Tendo en conta a gran variabilidade dos
equipos, desde unidades con catro profesionais a servizos con máis dun centenar,
prantas de hospitalización, consultas, etc. o xurado de Ourense destacou cun “Recoñecemento
Especial” a algúns dos participantes, pola orixinalidade, deseño dalgunha das
pezas, a composición dos elementos decorativos, ou polo valor do traballo en
equipo, vinculación cos pacientes ou coa comunidade. Todos eles terán unha
sorpresa para desfrutar xuntos, grazas a colaboración da cafetería “Apetéceme”.
Os traballos recoñecidos son “Ao nacemento
máis enxebre”, na Unidade de Coidados Especiais, no Edificio Piñor; “Á
decoración máis terapéutica”, Hospital de Día de Saúde Mental; “Á árbore de
Nadal máis orixinal” Unidade de Formación ; “Á chispa da vida máis Coral”, dos Quirófanos
da Terceira planta; “Á decoración máis elegante”, Unidade de Hospitalización da
7ª Sur; "Á decoración mais cálida”, Unidade de Neonatoloxia; “Ao equipo de decoración máis integrado” Unidade
de Agudos de Psiquiatría; “A Árbore máis Ecolóxica” Unidade de Hospitalización
da 6ª Sur; “Ao equipo con máis espíritu de Nadal”, Servizo de Admisión; “Ao
mellor tren de Nadal” Urxencias de Pediatría; “Aos elfos máis orixinais”, Unidade
de Coidados Paliativos; “Á mellor casiña de Papá Noel” da Pranta de Pediatría. BO NADAL!