A XUNTA AMPLÍA OS HORARIOS DE VACINACIÓN DA COVID E FAI UN CHAMAMENTO A POÑER A DOSE DE REFORZO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 01 2023
A Consellería de Sanidade amplía os horarios nos puntos de vacinación para cidadáns que aínda non teñan posta a cuarta dose da vacina fronte ao coronavirus. Así, desde mañá sábado, 21 de xaneiro, todas as áreas ampliarán os días nos que se poderá acudir a poñer a vacina,  incluíndo sempre a xornada do sábado. Tamén abrirán o domingo os puntos de vacinación situados en todos os distritos sanitarios, excepto en Cee, O Barco e Verín.

 Auméntase así o número de citas dispoñibles en todas as áreas e facilítase que as persoas poidan solicitar a súa vacina. É importante facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar. Pode facerse a través da aplicación Sergas Móbil ou no teléfono 881 54 00 45. 


Chamamento á vacinación

A Dirección Xeral de Saúde Pública volve facer un chamamento á vacinación e sinala que, para a xente que aínda non teña posta a cuarta dose, hai 29.000 citas dispoñibles semanais para adultos e 1.100 para nenos e nenas no sistema de autocita, nos lugares e horarios que se poden consultar no seguinte enderezo:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Vacinacion-Covid-OC. 

Galicia segue a ter as mellores taxas de España de vacinación. Así, é a primeira en porcentaxe de vacinación con doses de recordo en maiores de 80 anos, cun 86,64%; tamén na franxa de 70-79 cun 82,14%; e en 60-69, cun 72,17%, segundo os datos do último informe nacional publicado hoxe.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde