- É a cifra
máis alta rexistrada nos hospitais da comunidade no pasado ano e a segunda máis
elevada acadada no hospital compostelá dende a posta en marcha do programa
- 25 foron de doadores en morte encefálica e 13
falecidos por parada cardio-respiratoria
- Con
respecto aos transplantes realizáronse 32 de fígado e 53 ril no Clínico
- A
coordinadora de doazón da Área Sanitaria de Santiago, Carmen Rivero, quere
agradecerlle o traballo de todo o persoal que fai posible o complexo proceso
pero, sobre todo, o altruísmo aos doantes e ás súas familias.
Santiago de
Compostela, 20 de xaneiro de 2023.- Durante o pasado ano, 38 das persoas que faleceron no
hospital Clínico de Santiago doaron os seus órganos fronte ás 25 que o fixeron
no ano 2021, o que supón un incremento de máis do 50% no número do doadores.
Grazas
á xenerosidade dos donantes e das súas familias, e ao traballo dos profesionais
implicados, acadouse a cifra máis alta rexistrada este ano nos hospitais
galegos e a segunda máis elevada obtida no noso hospital dende a posta en
marcha do programa de doazón na década dos 80.
Do
total de doadores, 25 foron en morte encefálica e 13 falecidos
por parada cardio-respiratoria.
DOAZÓN E TRANSPLANTES ÁREA
SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA
|
1 xaneiro- 31 decembro 2022
|
|
|
|
|
|
2021
|
2022
|
|
|
DOANTES DE ÓRGANOS
|
25
|
38
|
|
|
TRANSPLANTES REALIZADOS
|
74
|
85
|
|
|
Fígado
|
34
|
32
|
|
|
Ril
|
40
|
53
|
|
|
O programa de
doazón en asistolia, que se puxo en marcha no hospital compostelá no ano 2017,
aportou no 2022 un 34% do total de doantes efectivos, consolidándose como a vía
máis clara de expansión do número de doantes.
Amais destes
doantes falecidos, noutros 5 casos foi a xenerosidade dun familiar a que evitou,
ao doar un ril en vida, que 5 pacientes tiveran que entrar ou continuar en
diálise (dúas eran parellas, 2 irmáns e
unha nai ao seu fillo).
Con respecto aos
transplantes, realizáronse 32 de fígado e 53 de ril, que rexistrou un
incremento do 33% con respecto ao 2021.
En total, a
actividade global de transplantes (fígado+ril) incrementouse no CHUS nun 15%.
A xenerosidade
dos doadores tamén permitiu realizar máis de 100 cirurxías oculares e implantar
máis de 100 enxertos de tecido osteotendinoso.
Como é habitual, co
obxectivo de transplantar cada órgano ao receptor máis adecuado e que máis o
necesite, ao igual que se recibiron órganos doutros centros, tamén se enviaron
órganos fóra. Concretamente, durante o ano 2022 enviamos a outros hospitais,
dentro e fora da nosa comunidade, 34 riles, 14 pulmóns, 7 fígados, 3 corazón e
1 páncreas.
A coordinadora de doazón
da Área Sanitaria de Santiago, Carmen Rivero, quere agradecerlle o traballo de
todo o persoal que fai posible o complexo proceso pero, sobre todo, o altruísmo
aos doantes e ás súas familias.
Actividade divulgativa
A Oficina de Coordinación de Doazón e
Transplantes do CHUS fomenta a formación continuada entre o persoal propio e
participa tamén en tarefas de formación e información social sobre o proceso de
doazón e transplante, tanto no ámbito sanitario como no ámbito social.
Saúdos