​O SERGAS PREMIADO COMO A ENTIDADE PÚBLICA QUE MÁIS DESTACA A NIVEL NACIONAL NO EIDO DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 01 2023
 


O Servizo Galego de Saúde recibíu o Premio Nacional de Informática e Saúde, como a entidade pública ou privada que máis destaca en proxectos de Transformación Dixital no ámbito sanitario, e que anualmente entrega a Sociedade Española de Informática da Saúde .

O Subdirector de Tecnoloxías da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón; recolleu un galardón que reafirma a posición deGalicia como referente en España no eido tecnolóxico-sanitario.

O xurado decidiu, por unanimidade, facer estrega deste premio ao departamento sanitario da Xunta tras avaliar proxectos como a historia clínica electrónica única (IANUS), o portal de saúde do paciente (E-saude), a plataforma de Teleasistencia domiciliaria (Telea), a plataforma de xestión e distribución loxística (Logas), ou o portal do profesional (Fides). Todos eles, claros expoñentes dunha forma distinta e máis eficiente de traballar.

Durante a pandemia sanitaria provocada pola covid-19, a tecnoloxía despregada olo Sergas permitiu liderar a velocidade de vacinación da cidadanía, así como monitorizar dun xeito máis seguro aos pacientes afectados polo coronavirus.

Galicia tamén é pioneira no xeito de comprar tecnoloxía. Así, neste ámbito de actuación, o Sergas introduciu importantes melloras baseándose no modelo de compra pública de Tecnoloxía Innovadora, cun importante impulso da I+D+i nas empresas. Esta aposta mobilizou xa máis de 100 millóns de euros desde o seu inicio, e mantense constante no tempo con novos proxectos. 

Actualmente o Sergas atópase en fase desenvolvemento do INNOVATRIAL, un sistema innovador para a xestión de todo o proceso de investigación, dotado con máis de 10 millóns de euros, e que suporá un salto cualitativo neste ámbito de investigación e na xestión dos datos sanitarios.

Explotación de datos e emprego da Intelixencia Artificial

Un dos máximos expoñentes da estratexia de Sergas é sen dúbida a explotación másiva de datos e o impulso no desenvolvemento da Intelixencia Artifical. Actualmente o Sergas traballa en varias liñas de aplicación como son: a detección de enfermidades raras, o emprego de algoritmos de recomendación de contidos formativos aos profesionais e pacientes, a estratificación das características da poboación ou a aplicación da intelixencia artificial ao diagnóstico en imaxe de anatomía patolóxica e radioloxía.

Galicia participa ademais activamente nos 7 grupos de traballo creados polo Ministerio de Sanidade para impulsar a transformación dixital en atención primaria, liderando dous deles: o G3-Canle do cidadán, e o G6–Telemonitorización de pacientes.

IANUS, Telea e Sergas Móbil

O pasado mes de decembro Galicia renovou a súa aposta polo proxecto de historia clínica, e atópase despregando unha importante evolución de IANUS, denominada IANUS5. Esta actualización posibilitará que a nosa historia clínica electrónica sexa máis transversal, máis intelixente e máis colaborativa; ao tempo que potencia a posibilidade de contactar cos pacientes e achegar o traballo dos profesionais á sociedade.

A historia clínica do Sergas é utilizada por máis de 26.000 profesionais sanitarios ao ano (que acceden desde a rede sanitaria pública e hospitais concertados); e tamén por profesionais sanitarios das residencias de terceira idade, que rexistran a información de máis de 16.000 persoas maiores.

A través da Platforma de teleasistencia integrada en IANUS (Telea), o Sergas telemonitoriza xa a máis de 8.000 pacientes crónicos e, durante a pandemia, foi empregada para realizar o seguemento de máis de 600.000 pacientes con esta enfermidade.

Ademias, o número de biomedidas rexistradas na plataforma de Telea desde a súa posta en marcha supera xa os 2,5 millóns.

Actualmente IANUS5 dispón da posibilidade de integrar os dispositivos IoT que xeran información na nube de 11 provedores distintos nos ámbitos de dispositivos cardioimplantables, hemodiálisis, bombas de infusión e medición continua da glucemia. No caso dos cardioimplantables xa están sincronizados máis de 1.000 dispositivos de pacientes galegos. IANUS 5 tamén permite a prescrición de contidos formativos asociados ás patoloxías dos pacientes e o seu acceso desde o portal de saúde do paciente.

O número total de cidadáns que accederon aos datos da súa historia clínica a través do noso portal de saúde (E-saúde) superou no ano 2022 o millón.

Os cidadáns que ademias activaron o seu acceso ao cartafol persoal de saúde (PHR), que  permite incorporar datos de saúde proactivamente, supera xa os 150.000 en menos dun ano, e xa compartiron cos profesionais sanitarios máis de 400.000 rexistros médicos e máis de 1.000 documentos clínicos.

Recentemenete, o Sergas tamén integrou a videochamada e a mensaxería asíncrona en IANUS, como un elemento máis de comunicación cos profesionais. Ademais está a despregar máis de 12.500 pantallas con cámara para que os profesionais poidan utilizar estes sistemas como vía de comunicación

A través da apliación de saúde SergasMóbil, máis de 1.700.000 cidadáns galegos descargáronse e usan a súa tarxeta sanitaria virtual

Estas grandes apostas en proxectos de transformación están referendados polos resultados obtidos no ano 2022,  no que se acadaou un alto grao de adhesioón no seu uso e bos resultados de satisfacción na cidadanía e os profesionais.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde