​O 061 DE GALICIA ASISTIU 46 PERSOAS POR 41 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 01 2023
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 46 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de xaneiro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 15 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 52 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 41 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 46 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

14

Lugo

2

Ourense

2

Pontevedra

23

Galicia

41

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 45. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 38 sinistros.

En 37 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde