A ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE INTERÉSASE POLAS INICIATIVAS POSTAS EN MARCHA POLO SERGAS EN MATERIA DE ATENCIÓN PRIMARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 01 2023

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia mantivo, no día de hoxe, unha reunión de traballo, de xeito telemático, cunha delegación da Organización Mundial da Saúde (OMS), para dar resposta ao interese amosado por este organismo internacional sobre algunha das iniciativas que se están a desenvolver no contexto da atención primaria do Servizo Galego de Saúde. 

Nesta reunión, por parte da Xunta de Galicia estivo presente a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, quen lles explicou o actual modelo organizativo da atención primaria de Galicia, o cal conta cunha rede conformada por 462 centros de saúde, 149 servizos de atención primaria e 90 puntos de atención continuada (PACs). 

Ademais, a delegación da OMS amosou o seu interese en coñecer as fortalezas e solucións que se lle están a dar aos retos asistenciales e organizativos que actualmente se están a afrontar na atención primaria da nosa comunidade.

Neste encontro, a Consellería de Sanidade explicou dúas das iniciativas máis innovadoras que, neste momento, están a funcionar no Servizo Galego de Saúde. A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, presentou o Programa para a xestión integral da demanda en equipo (XIDE), e, pola súa parte, o subdirector xeral de Xestión Asistencial e Innovación do Sergas, Alfonso Alonso, detallou o funcionamento da Plataforma tecnolóxica de asistencia domiciliaria (TELEA).  

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde