O conselleiro de Sanidade, Julio García
Comesaña, acompañado do delegado territorial da Xunta en
Pontevedra, Luis López Diéguez, e do xerente da área sanitaria,
José Flores Arias, reuniuse
con representantes municipais da comarca de Pontevedra, para falar da
situación da atención primaria. Neste
encontro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego
trasladoulles
o balance realizado nos últimos meses, así
como as
melloras acadadas, dentro da difícil situación que está a vivir a
atención primaria en todo o Estado polo déficit de persoal
especialista en medicina familiar e comunitaria que se sufre en todo
o Estado.
Na
xuntanza, o conselleiro explicou que a Xunta ten
reforzado o sistema sanitario aumentando
o número de prazas en primaria e hospitalaria, e incrementando
os presupostos e recursos, polo que a poboación galega pode estar
tranquila, xa que
ten unha atención sanitaria de calidade.
O
Executivo galego traballa para mellorar esa
atención a todos
os ámbitos, incorporando os profesionais que sexa posible, sexan
enfermeiras, farmacéuticos, traballadores sociais ou especialistas
de calquera ámbito, -dixo o titular
sanitario na reunión-.
Os
datos facilitados polo conselleiro na
xuntanza cos
alcaldes foron o incremento do cadro de
persoal que houbo nesta área sanitaria.
Así, nos últimos cinco anos traballan nela 265 persoas máis. Tamén
detallou todas as medidas que está a tomar a Xunta para facer fronte
a este déficit de médicos, entre as que sinalou as melloras
retributivas aos profesionais ou o aumento da prazas MIR, e
destacou, tamén, o incremento do presuposto e dos recursos
destinados pola Xunta ao primeiro nivel asistencial.
Na
reunión, Comesaña
dixo que o Goberno galego
seguirá a reclamar ao Ministerio de
Sanidade que asuma a súa competencia, que é regular onde se pode
formar aos médicos, e
que mude os
criterios de formación.