Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
60
persoas debido a 50
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 3
de febreiro,
ata as 23,59 horas do domingo, 5
de febreiro.
O domingo
foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 66
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 50
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 60
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63%
e do 37%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29%
dos atendidos tiña entre 20
e 34
anos.
Por
provincias, A
Coruña e Pontevedra
foron
as
que máis sinistros rexistraron
con 17
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
17
|
Lugo
|
10
|
Ourense
|
6
|
Pontevedra
|
17
|
Galicia
|
50
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 62.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en sete accidentes,
o helicóptero medicalizado atendeu en tres ocasións, as
ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis
accidentes.
En
52
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes e en oito
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.