ABEL PALLARÉS ASUME A XEFATURA DO SERVIZO DE NEUMOLOXÍA DO HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 02 2023
 

Abel Pallarés Sanmartín, ata agora responsable da Unidade Multidisciplinar de Asma Grave no Hospital Montecelo de Pontevedra,  asume desde hoxe a xefatura do Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario de Ourense, un dos servizos con maior volume asistencial, derivado do perfil demográfico da nosa provincia e da alta incidencia das patoloxías respiratorias.

Nado en Vigo hai 41 anos, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, e  formouse como especialista en Neumoloxía, vía MIR, no Complexo Hospitalario de Vigo, entre 2006 e 2010. Posúe o diploma de estudos avanzados pola Universidade de Vigo, ademáis dos diplomas AGER de excelencia en Neumoloxía da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), en 2013,  e HERMES de excelencia europea en Nemoloxía, en 2017.

Pallarés Sanmartín asume desde hoxe a xefatura vacante desde o cese a petición propia, en decembro, do seu responsable desde 2015, José Abal Arca, que se xubila a finais de mes e colaborará con el estes días, ao que dirección da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras desexa agradecer publicamente o seu esforzo, nestes anos de intensísimo traballo, especialmente durante a pandemia, asumindo un gran número de ingresos, moitos deles de gran complexidade.

Posta en marcha de novos dispositivos asistenciais

integramente vinculada a Galicia, a carreira profesional de Abel Pallarés está ligada ás áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra, onde alternou o seu exercicio como neumólogo os últimos doce anos. De 2010 a 2017 como facultativo especialista do Complexo Hospitalario de Pontevedra, para asumir e poñer en marcha, entre 2017 e 2020, o novo Hospital de Día de Neumoloxía e coordinar a Unidade de Asma Grave, do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo; pasando a coordinar a mesma unidade no Hospital de Pontevedra.

Implicado no desenvolvemento da especialidade, exerce desde a súa residencia un papel activo nas súas sociedades profesionais, tanto na nacional como na autonómica, como representante no foro autonómico de Asma na SEPAR; Secretario do Comité Xoven SEPAR; membro do Grupo de Asma da SOGAPAR; Membro da Área EPOC da SEPAR, etc. o que, xunto coa súa intensa actividade como relator en congresos e reunións profesionais, facilitou o contacto cos seus novos e novas colegas en Ourense,  polos que é ben coñecido na súa maioría.

Colaborador Docente desde 2016 da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. O novo responsable da área de Neumoloxía foi coordinador do grupo asistencial Covid en Montecelo e participou activamente na acreditación da Unidade de Asma Especializada, dos complexos hospitalarios de Vigo e Pontevedra; vogal da Comisión Galega de Coordinación e Seguemento da actividade fronte a infección polo Mycobacterium Tuberculosis entre 2016 e 2020, e responsable de máis de 30 artigos e en revistas indexadas e máis de 70 comunicacións a congresos nacionais e internacionais.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde