A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial
En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como nas pasadas Festas do Entroido, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Xoves
2
marzo
|
E.U.
Enfermería e E.U Podoloxía (Ferrol), NATURGY e Bº de las Flores
(A Coruña), Curtis, Arzúa, CPFP FESAN (Santiago), Caldas de
Reis, O Rosal, Navia (Vigo), IES Perdouro e IES Monte Castelo
(Burela), Friol, Guntín, CIFP Portovello e Bº O Couto (Ourense)
|
Venres
3 marzo
|
Bº
Esteiro (Ferrol), Carballo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Serra
de Outes, lalín, IES Chapela (Redondela), Colegio Vigo, Burela,
IES García Barbón (Verín), Verín.
|
Sábado
4 marzo
|
Carballo,
Ribeira, Lalín, Covelo, Mondoñedo. |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres
das 8 ás 22 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 8 ás 15 horas
Martes,
mércores e xoves de 15 horas a 22 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.