Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2023.- A Rede Española de Ensaios Clínicos
Pediátricos (RECLIP), coordinada desde o Instituto
de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), polo doutor
Federico Martinón, xefe do Servicio de Pediatría do Hospital Clínico
Universitario de Santiago de Compostela e constituída actualmente por 29 nodos
clínicos e 6 redes de investigación e sociedades científicas, celebra a súa cuarta
reunión anual en Santiago de Compostela, co obxectivo de abordar a situación da
investigación clínica pediátrica no contexto nacional e internacional, xunto
cos principais avances e desafíos.
Representantes dos principais hospitais pediátricos de España, acoden a
esta reunión con dous obxectivos principais, segundo subliña o doutor Martinón
“facer balance da andaina de RECLIP desde o seu lanzamento en 2016 ata a
actualidade e abordar aspectos cruciais para a súa sustentabilidade, co fin de
fortalecer a investigación clínica pediátrica e reafirmarse como rede referente
e preferente en España”. Nestes momentos, o Hospital Clínico de Santiago ten 60
ensaios clínicos pediátricos activos, maioritariamente na área de vacinas e
enfermidades infecciosas, e tamén en oncoloxía pediátrica e enfermidades
conxénitas.
Sobre RECLIP e conect4children
A rede española RECLIP, xoga un papel de gran relevancia no ámbito
internacional, xa que participa xunto con outras 20 redes nacionais (National
Hubs) no proxecto conect4children (c4c), unha rede pan-Europea creada para
facilitar a planificación e realización de ensaios clínicos en nen@s e novos, e
que está a dar xa os seus últimos pasos como proxecto financiado por IHI
(Innovative Health Initiative), antes de converterse nunha entidade legal
constituída de maneira independente.
RECLIP promoveu ao longo do último ano a activación de 10 ensaios clínicos
de alta complexidade en diferentes áreas da pediatría (enfermidades renais
crónicas, esclerose multiple, enfermidade de Kawasaki, infeccións fúngicas en
doentes inmunodeprimidos…).
Cun orzamento total de aproximadamente 140 millóns de euros, c4c
(conect4children) é unha das maiores iniciativas financiadas pola Innovative
Medicines Initiative (IMI JU2 - Joint Undertaking 2), agora Innovative Health
Initiative (IHI), baixo o Grant Agreement 777389.
IMI2 é a maior colaboración público-privada de Europa e está financiada
conxuntamente polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea e a industria
farmacéutica europea, representada pola European Federation of Pharmaceutical
Industry Association (EFPIA).
A xornada foi inaugurada pola xerente do SERGAS, Estrella López-Pardo, a
xerente da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, a directora
científica do Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), María Luz Couce Pico, e polo coordinador xeral de
RECLIP, Federico Martinón.
Entre os relatores destaca a presenza do investigador clínico Lucas Moreno
Martín-Retortillo, do Hospital Vall D`Hebron, a responsable de Avaliación
Clínica e Farmacoloxía da Axencia Española do Medicamento e Produtos
Sanitarios, María Jesús Fernández Cortizo, a Directora Asociada de
Investigación Clínica e Traslacional en FarmaIndustria, Amelia Martín Uranga, o
Coordinador da Plataforma SCReN Plataforma de Unidades de Investigación Clínica
e Ensaios Clínicos, Antonio Carcas Sansuán, Mark Turner, da Universidade de
Liverpool e Ricardo Fernandes (Hospital de Santa Maria de Lisboa), ambos do
consorcio do proxecto conect4children, pedra angular para o desenvolvemento da
rede española RECLIP, Carmen Rodríguez-Tenreiro, Responsable de investigación
en RECLIP, ou Begonya Nafria, Joana Claverol e Ana Mínguez, que presentaron un
modelo de participación de pacientes pediátricos, a iniciativa KIDS RECLIP.
Cristina Calvo, membro do Comité Executivo de RECLIP e, investigadora do
Hospital A Paz de Madrid, falará da carreira investigadora clínica e das
oportunidades de desenvolvemento existentes a través de RECLIP
Máis
información sobre o IDIS
O Instituto de Investigación Sanitaria
de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboración entre a
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade
de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas
solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de
máis de 1.000 investigadores, 94 grupos de investigación, 29 M€ de fondos e 65
proxectos de investigación captados, o IDIS contribúe co seu labor para
incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector
sanitario.
·
Máis información sobre IMI: https://www.imi.europa.eu/
·
Máis información sobre
conect4children: www.conect4children.org
·
Máis información sobre RECLIP: www.reclip.org
·
Segue a IMI_JU en Twitter: @IMI_JU
·
Segue a RECLIP en Twitter: @ReclipSpain
·
Segue a c4c en Twitter:
@c4c_network
Saúdos,