SANIDADE REÚNESE COA SECCIÓN GALEGA DE DERMATOLOXÍA PARA FALAR DE COLABORACIÓNS RELACIONADAS CO ESTUDO DO MELANOMA EN GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 03 2023

​O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse esta semana, no edificio Administrativo do Sergas, coa Sección Galega de Dermatoloxía. Na xuntanza abordouse a incidencia do melanoma en Galicia, a partir dos rexistros dos dermatólogos por medio do sistema Vixia, e, tamén, dos datos obtidos do Rexistro galego de tumores da Consellería de Sanidade (Regat). Xunto ao anterior, na reunión abordáronse distintas iniciativas tanto no ámbito da prevención primaria como secundaria.

Na xuntanza, o máximo responsable da sanidade pública galega estivo acompañado pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo; e pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán. Polos dermatólogos asistiron á reunión o presidente do colectivo, Jesús del Pozo Losada, acompañado de Carmen Peña Penabad e Ángeles Flórez Menéndez. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde