As áreas sanitarias galegas celebran, ao longo dos meses de marzo e abril, distintas xornadas de portas abertas dirixidas aos futuros residentes que rematan a súa formación no mes de xuño. As xornadas buscan ofrecer información aos residentes sobre as características dos distintos complexos hospitalarios da rede do Servizo Galego de Saúde, e a súa oferta como centros de formación especializada para acercar aos profesionais á práctica clínica e orientarlles no seu proceso formativo como especialistas.
As xornadas están dirixidas a residentes de especialidades como Medicina, Enfermería, Farmacia, Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física, e nelas, serán recibidos polos xerentes das áreas sanitarias galegas nun acto institucional. Tamén manterán encontros cos responsables de distintas especialidades e poderán participar en visitas guiadas polos distintos servizos dos hospitais.
Estas xornadas de portas abertas terán lugar nas sete áreas, nas datas e horarios que se mencionan de seguido:
VIGO: martes, 14 de abril, ás 9:00 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro.
SANTIAGO DE COMPOSTELA: venres, 17 de marzo, ás 11:00 horas, na Aula Magna do edificio docente Novoa Santos.
LUGO: venres, 24 de marzo, ás 11:00 horas, no salón de actos do Hospital Universitario de Lugo. Tamén haberá conexións virtuais entre o luns 20 e o xoves, 23 de marzo.
FERROL: venres, 31 de marzo, ás 11:00 horas, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide.
PONTEVEDRA: martes, 11 de abril, ás 10:00 horas, no salón de actos do Hospital Montecelo.
A CORUÑA: mércores, 12 de abril, ás 10:00 horas, no salón de actos do Hospital Universitario de A Coruña.
OURENSE: A área ofrece o servizo a demanda. Ademais, explicará en rolda de prensa as características das especialidades que se ofrecen.