A
Xunta de Galicia autorizou a sinatura de renovación de convenios de
colaboración entre o Sergas e as Asociacións UTACA, ASVIDAL,
Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, As Burgas, e Proxecto
Home, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos
relacionados con substancias aditivas, por un importe de 1.867.395
euros. Esta
entidades atenden á poboación correspondente á área sanitaria na
que están ubicados (Ferrol, A Coruña-Cee, Vigo e Ourense). Pola súa
banda, as actividades que leva a cabo A Fundación Monte do Gozo ao
abeiro deste convenio teñen un carácter autonómico e desenvolven
varios programas.
Estes
cinco convenios están destinados a prestar atención a persoas con
trastornos relacionados co alcohol, tabaco e xogo, atendendo á
planificación e criterios, guías e procedementos establecidos polo
Sergas.
A
autorización destes novos cinco convenios, por un valor total de 1,8
millóns de euros, súmase aos cinco autorizados no Consello da Xunta
da semana pasada, por valor de 5,3 millóns, coa Asociación cidadá
de loita contra a droga da Coruña (Aclad), a Asociación cidadá de
loita contra a droga de Vigo (Alborada), a Asociación Ferrolá de
drogodependencias (Asfedro), e a Asociación Cruz Vermella de Lugo,
completando un investimento de máis de 7 millóns de euros en apoio
mediante convenios ás entidades sociais dentro do marco do Plan de
atención aos transtornos adictivos de Galicia durante este ano.
En
concreto, o asinado co Asociación Unidade de Tratamento do
Alcoholismo e Condutas Aditivas (UTACA) da Coruña, acada un importe
de 227.098 euros, e ao abeiro do mesmo atendéronse o pasado ano 614
persoas.
O
convenio que asina a Xunta coa Asociación Viguesa de Alcoholoxía
(ASVIDAL), acada un importe de 233.875 euros, e ao abeiro do mesmo
atendéronse o pasado ano un total de 1.783 persoas.
Polo
que atinxe ao convenio coa Asociación de Exalcohólicos de
Ferrolterra, o importe é de 131.885 euros, e as persoas que se
atenderon no marco do mesmo o pasado foron 413.
A
Asociación As Burgas de Ourense, para o tratamento e rehabilitación
do enfermo alcohólico, asinará coa Xunta un convenio por importe de
208.062 euros, sendo 361 as persoas beneficiarias ao abeiro do
mesmo.
O
convenio do Goberno galego coa Fundación Monte do Gozo, emprazada en
Santiago de Compostela, ten un importe de 1.066.475 euros, e grazas
ao mesmo atendéronse o pasado ano 616 persoas con distintas
necesidades e en diferentes programas.
Incremento
do 5%
Sinalar
que o financiamento que a Xunta vai dedicar este ano á atención ás
adiccións dende equipos multidisciplinares é de preto de 12 millóns
de euros. Esta cantidade supón un incremento do 5% respecto ao
orzamento de 2022, que foi de 11,4 millóns.
En
todos estes convenios, unha vez que se proceda á sinatura dos
mesmos, e sempre que a actividade comezase previamente, as
asociacións poderán solicitar pagamentos anticipados, que suporán
entregas de fondos con carácter previo a súa xustificación por un
importe de ata un máximo do 30% da contía total do convenio.
Remarcar,
así mesmo, que na actualidade, as adiccións son consideradas como
unha enfermidade que require un tratamento multidisciplinar e
personalizado. Ante calquera problema relacionado coas adiccións,
aconséllase acudir a un centro de tratamento específico
directamente ou ben solicitar axuda aos profesionais de atención
primaria que avaliarán cada caso e derivarán ao centro que proceda.
Plan
de Saúde Mental 2020-2024
O
Plan de Saúde Mental 2020-2024, posto en marcha pola Xunta de
Galicia contempla, entre os seus eixos de actuación, a colaboración
e a participación de todo o tecido asociativo e das entidades
especializadas en saúde mental. Isto traduciuse, por exemplo, en
axudas para o financiamento de programas de entidades sociais
relacionadas con pacientes con trastornos mentais.
O
obxectivo do Plan é completar, a finais do vindeiro ano, un total de
241 novas contratacións de profesionais. Ao respecto, os orzamentos
da Xunta para este ano son superiores en dez millóns de euros aos
anteriores ao Plan, e o Goberno galego xa contratou a máis de 130
profesionais.
Así
mesmo, o obxectivo da Xunta é que esas
novas prazas se cubran de xeito estable, por iso impulsou unha Lei de
medidas extraordinarias para prazas de difícil cobertura, na que
incluiu as de primaria, as dos hospitais comarcais e as dos servizos
de saúde mental, e, neste mesmo ano, vai poder cubrir por concurso
de méritos máis de 170 prazas de psiquiatría, psicoloxía clínica
e enfermería especialista.