O
Consello da Xunta vén de dar o seu visto e prace á licitación dun
novo contrato, por un importe de 4.529.453 euros, para adquirir un
total de 443 estacións de quirófano cos que a Xunta continua coa
actualización dos bloques cirúrxicos do Servizo Galego de Saúde.
Estes dispositivos instalaranse na totalidade dos centros
hospitalarios públicos da comunidade galega, incluidos os de ámbito
comarcal.
O
obxecto deste investimento é que o persoal de cirúrxía de todos os
hospitais públicos galegos dispoña dunha estación de alta
resolución no interior do quirófano, posibilitando a visualización
das imaxes médicas de alta resolución, e tamén, o acceso á
historia clínica dixital do paciente.
Nas
intervencións cirúrxicas, tanto o persoal médico como o de
enfermería, precisan dispor de estacións nos quirófanos para
realizar a súa actividade. Porén, dentro do programa de
actualización de equipamento da Xunta, ao Executivo galego acordou a
substitución do equipamento actual por unha nova infraestrutura que
tecnoloxicamente permitirá axilizar e optimizar as diferentes
accións que se levan a cabo durante os procesos cirúrxicos.
En
concreto, os novos bloques cirúrxicos permitirán: consultar a
historia clínica do paciente durante as intervencións (alertas,
resultados de probas, etc); axilizar o acceso á imaxe médica
dixital necesaria no proceso cirúrxico; o rexistro do checklist
cirúrxico (serie de normas para a seguridade das prácticas
cirúrxicas que se testan mediante unha lista de verificación); o
rexistro na historia clínica dixital do paciente de todos os datos
relacionados coa intervención (anestesia, procedementos,
monitorización, transfusión, implantes...); ou o rexistro de todas
as accións relacionadas coa intervención (identificación de
mostras, trazabilidade do material cirúrxico utilizado, etc.).
Unha
vez se complete a renovación do equipamento, as actuacións de
investimento da Xunta nos bloques cirúrxicos dos hospitais do Sergas
superará os 36 millónes de euros, achegando deste xeito aos
profesionais sanitarios e a poboación galega o mellor equipamento
dispoñible.
Programa
integral de actualización dos bloques cirúrxicos
Coa
luz verde ao expediente desta mañá, a Xunta continúa a avanzar co
programa integral de actualización do equipamento dos bloques
cirúrxicos de toda a planta hospitalaria do Servizo Galego de Saúde.
Así,
até o de agora xa adquiríu 37 equipos radiocirúrxicos con detector
dixital plano, (por un importe de 3.834.656 euros); 7 novos sistemas
cirúrxicos robotizados da Vinci (por un valor de 11.616.000 euros);
renovaronse 97 lámpadas cirúrxicas e 57 mesas cirúrxicas (cuxo
importe conxunto supera os 4,1 millóns de euros); actualizáronse os
sistemas de anestesia do conxunto de hospitais públicos galegos
(por un importe de 4.921.070 euros); e dotou a Hospital Público do
Salnés dunha nova central de esterilización para o bloque
cirúrxico, mediante un investimento de 567.732 euros.
Ata
o de agora a Xunta investíu máis de 29,5 millóns de euros en
actuacións destinadas aos bloques cirúrxicos dos hospitais do
Sergas. Así, esta previsto que realizar novas licitacións para este
mesmo cometido, por un importe próximo aos 6,5 millóns de euros.
Estas
actuacións son susceptibles de financiamento ao 100 % pola Unión
Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia
2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de COVID-19.