A XUNTA INVISTE MÁIS DE 4,5 MILLÓNS DE EUROS EN 443 ESTACIÓNS DE QUIRÓFANO PARA CONTINUAR COA ACTUALIZACIÓN DOS BLOQUES CIRÚRXICOS DO SERGAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 03 2023
 
 O Consello da Xunta vén de dar o seu visto e prace á licitación dun novo contrato, por un importe de 4.529.453 euros, para adquirir un total de 443 estacións de quirófano cos que a Xunta continua coa actualización dos bloques cirúrxicos do Servizo Galego de Saúde. Estes dispositivos instalaranse na totalidade dos centros hospitalarios públicos da comunidade galega, incluidos os de ámbito comarcal.

O obxecto deste investimento é que o persoal de cirúrxía de todos os hospitais públicos galegos dispoña dunha estación de alta resolución no interior do quirófano, posibilitando a visualización das imaxes médicas de alta resolución, e tamén, o acceso á historia clínica dixital do paciente.

Nas intervencións cirúrxicas, tanto o persoal médico como o de enfermería, precisan dispor de estacións nos quirófanos para realizar a súa actividade. Porén, dentro do programa de actualización de equipamento da Xunta, ao Executivo galego acordou a substitución do equipamento actual por unha nova infraestrutura que tecnoloxicamente permitirá axilizar e optimizar as diferentes accións que se levan a cabo durante os procesos cirúrxicos.

En concreto, os novos bloques cirúrxicos permitirán: consultar a historia clínica do paciente durante as intervencións (alertas, resultados de probas, etc); axilizar o acceso á imaxe médica dixital necesaria no proceso cirúrxico; o rexistro do checklist cirúrxico (serie de normas para a seguridade das prácticas cirúrxicas que se testan mediante unha lista de verificación); o rexistro na historia clínica dixital do paciente de todos os datos relacionados coa intervención (anestesia, procedementos, monitorización, transfusión, implantes...); ou o rexistro de todas as accións relacionadas coa intervención (identificación de mostras, trazabilidade do material cirúrxico utilizado, etc.).

Unha vez se complete a renovación do equipamento, as actuacións de investimento da Xunta nos bloques cirúrxicos dos hospitais do Sergas superará os 36 millónes de euros, achegando deste xeito aos profesionais sanitarios e a poboación galega o mellor equipamento dispoñible.

Programa integral de actualización dos bloques cirúrxicos

Coa luz verde ao expediente desta mañá, a Xunta continúa a avanzar co programa integral de actualización do equipamento dos bloques cirúrxicos de toda a planta hospitalaria do Servizo Galego de Saúde.

Así, até o de agora xa adquiríu 37 equipos radiocirúrxicos con detector dixital plano, (por un importe de 3.834.656 euros); 7 novos sistemas cirúrxicos robotizados da Vinci (por un valor de 11.616.000 euros); renovaronse 97 lámpadas cirúrxicas e 57 mesas cirúrxicas (cuxo importe conxunto supera os 4,1 millóns de euros); actualizáronse os sistemas de anestesia do conxunto de hospitais públicos galegos (por un importe de 4.921.070 euros); e dotou a Hospital Público do Salnés dunha nova central de esterilización para o bloque cirúrxico, mediante un investimento de 567.732 euros.

Ata o de agora a Xunta investíu máis de 29,5 millóns de euros en actuacións destinadas aos bloques cirúrxicos dos hospitais do Sergas. Así, esta previsto que realizar novas licitacións para este mesmo cometido, por un importe próximo aos 6,5 millóns de euros.

Estas actuacións son susceptibles de financiamento ao 100 % pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de COVID-19.

 
 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde