A XUNTA REMATA A REFORMA DA NOVA ÁREA DA MULLER NO CENTRO DE SAÚDE CONCEPCIÓN ARENAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
31 03 2023

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023.- O centro de saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela conta xa cunha nova área da muller grazas as obras de que veñen de rematar. Así, esta reforma vense sumar ás actuacións realizadas nunha primeira fase de reordenación e mellora da área pediátrica, e que contaron cun investimento global de 150.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

A nova área, incorpora unha sala de lactación materna e unha nova sala de educación maternal, o que, grazas á recente creación dunha nova praza de matrona, permitirá realizar esta actividade no propio centro.

Esta mañá, a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, acompañada polo director de Atención Primaria, Felipe Calle, as subdirectoras médica, Ana Turnes,  de Humanización e Atención ao Cidadán, María José Menor, e Charo Barca e Amaya Castro da Fundación Andrea, que se fixo cargo da decoración das salas, visitaron a nova área da muller acompañados polo xefe do Servizo do Centro de Saúde Concepción Arenal, Manuel Portela e a coordinadora de enfermería do centro, Ana Mouta Otero.

Complétase así a reforma pola que se concentra nun mesmo espazo a área de pediatría e saúde da muller no primeiro andar, iniciada co adecuamento da zona pediátrica. Así, esta área tamén se viu reforzada coa ampliación do cadro de persoal coa incorporación de diferentes profesionais: 1 pediatra, 1 enfermeira especialista en pediatría e 1 matrona (desde finais de 2022), que se viñeron sumar ás prazas de profesionais sanitarios do Concepción Arenal, xunto a outras 4 enfermeiras máis.

Nos últimos anos se levaron cabo diferentes melloras neste mesmo centro, que afectaron a todo o edificio, principalmente ao acondicionamento interno de pintura e chan. Renovación dos estores nas ventás así como a reordenación de diferentes espazos para adaptarse a novas necesidades. 

 

Saúdos​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde