​ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DOS NENOS E NENAS CON ENFERMIDADES CRÓNICAS E DE LONGA DURACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 04 2023

O Servizo de Pediatría do Hospital Universitario de Ourense organiza a cuarta edición da Andaina Solidaria destinada á labor social da Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais, organización sen fins de lucro, que colabora activamente nos proxectos de humanización das áreas de pediatría de Ourense e dos servizos de oncoloxía infantil.

A andaina será o sábado 6 de maio, ás 10.30 horas con saída e chegada ao local social de A Rabeda, no Concello de Taboadela, onde terá lugar un xantar no que colabora a sección de cociña do hospital. Os asistentes percorrerán unha ruta circular de 12 quilómetros, na que terán puntos de avituallamento, grazas a colaboración de empresas e asociacións locais, que contribúen así a que todos os fondos recollidos mediante a inscrición se destinen integramente a esta labor social.

O prezo da inscrición é de 10 euros, e tan só é preciso realizar unha transferencia á conta da Fundación Andrea (ES64 2100 4876 032200044308) poñendo nome, apelidos e DNI e incluíndo como concepto “ASOU” (Área Sanitaria Ourense).

Ademáis, para todos aqueles e aquelas que desexen colaborar e non podan asistir, existe outra posibilidade de contribuir, realizando igualmente a inscrición, coa cantidade que se desexe aportar, e indicando “Dorsal 0”.

Á presentación desta 4ª Andaina Solidaria asistiron hoxe o xerente da Área Sanitaria, Félix Rubial y la representante da Fundación Andrea, Amaya Castro; xunto coa profesora da Escola do Hospital Universitario de Ourense, Vanessa González; a supervisora de enfermería de Pediatría, Montse Padrón; o alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, o xefe da sección de Cociña, Antonio Pazos, a xefa do Servizo de Humanización e Atención ao Paciente, Belén Piñeiro, así como representantes dalgunhas das empresas colaboradoras como Apetéceme e Bermello Seguros. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde