DOUS SANITARIOS DE NÍGER AFONDAN NA SÚA FORMACIÓN NA ÁREA SANITARIA DE OURENSE, VERÍN E VALDEORRAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 04 2023

Dous profesionais sanitarios de Níxer están ampliando a súa formación estes días na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, no marco dun proxecto de cooperación sanitaria española, para á formación do persoal e fortalecemento do sistema público de este país africano, da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), coordinado pola Fundación CSAI dependente do Ministerio de Sanidade.

A sede central do período formativo de Komma Issoufou e Hamadou Nayoussa  -médico e  enfermeiro do Hospital Nacional de Niamei- é o Hospital Público de Verín, onde están a ser titorizados por profesionais de urxencias e cirurxía xeral, áreas de interese dos profesionais e do propio sistema nacional de orixe, no que destaca a alta incidencia da atención urxente, especialmente por accidentes, nun país cunha altísima porcentaxe de poboación nova.

Para afondar nestes aspectos esta semana desprazaranse a Ourense, onde realizarán un curso de atención ao paciente politraumatizado na Aula de Simulación en Ourense e rotarán polo servizo de urxencias do Hospital Universitario.

O proxecto conta coa participación da xefa do servizo de Neurocirurxía de Ourense, Ana Pastor, que xa viaxou en varias ocasións a Niamei, para impartir formación práctica de atención ao paciente politraumatizado, aspecto no que é amplamente recoñecida como titora e formadora de titores do curso nacional e europeo de ATLS -da Asociación Americana de Cirurxáns- do que Ourense é unha das poucas sedes nacionais desde hai case dúas décadas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde