​OURENSE SÚMASE A SEMANA MUNDIAL DA VACINACIÓN LEMBRANDO QUE FUNCIONAN E SON PARA TODA A VIDA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 04 2023

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase, por medio do seu Servizo de Medicina Preventiva, á Semana Mundial da Inmunización, que se celebra a última semana  abril, para concienciar sobre a importancia da vacinación para a saúde individual e colectiva, subliñando este ano que as vacinas son para toda a vida e que cada dose conta, animando a informarse e falar sobre elas cos profesionais sanitarios.

 A pesar dos éxitos indiscutibles da vacinación, ao longo da súa historia, a inmunización afronta un descenso na súa aceptación en moitos países da unión europea, así como noutras partes do mundo. Entre outros factores pola fatiga derivada da pandemia, informacións errónea, ou desinformación que están xogando un papel fundamental no aumento das dúbidas sobre a vacinación entre diferentes grupos de idade.

 O nivel de adherencia da vacinación infantil no noso entorno chega case ao 95%, pero é clave ter en conta que as vacinas non son só un tema de nenos, xa que nos protexen ao longo da vida, desde a infancia a adolescencia, de adultos a anciáns. Trátase de mellorar as taxas de vacinación pechando as brechas de inmunidade, sen deixar a ninguén atrás.

 Vacinación ao longo de toda a vida

Precisamente o pasado 15 de setembro a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade presentou dentro do Programa Galego de Vacinación o “Calendario de vacinación ao longo de toda a vida”, que contempla a estratexia para a inmunización en todas as etapas da vida, reforzando o concepto de que a vacinación non remata na infancia.

 Este calendario actualizarase ao longo deste ano 2023, con novas incorporacións. A primeira a administración da vacina fronte ao herpes zóster, que comezou o pasado 10 de abril e será administrada de xeito sistemático ás persoas que fagan 65 e 80 anos, cada ano. É dicir, este ano vacinaranse ás persoas nadas nos anos 1958 e 1943, respectivamente. A pauta desta vacina é de dúas doses, separadas alomenos por dous meses entre .

 Ao longo deste ano tamén se introducirán, de forma secuencial, outras novidades xa incluidas no calendario para toda a vida, entre elas a modificación da vacina pneumocócica conxugada, coa incorporación da vacina 20-valente para as persoas de 65 anos.

Ademais das novidades na vacinación pneumocócica, o calendario deste ano incorporará a vacina fronte ao rotavirus en lactantes, a partir dos dous meses de idade; e a inclusión do anticorpo monoclonal fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS) en neonatos e lactantes.

II Xornada de Vacinas

Coincidindo coa conmemoración da semana mundial da inmunización, o Servizo de Medicina Preventiva  organiza esta tarde as II Xornadas de Vacinación da Sociedade Galega de Medicina Preventiva, que abordará as principais novidades e preocupaciósn dos especialistas neste eido.

Para a xefa do servizo, e presidenta do comité organizador, María Sande, as xornadas serán unha oportunidade non só para celebrar o incuestionable éxito das vacinas, senón tamén para afrontar algúns dos seus retos. “A nivel mundial, a OMS, lémbranos este ano 2023 a importancia de recuperar as coberturas vacinais prepandemia, sobre todo en nenos e en países en desenvolvemento”

No noso contexto, subliña a Dra. Sande "centrándonos no adulto, temos o reto co esforzo conxunto de todos os profesionais, de mellorar as coberturas vacinais do calendario para toda a vida. As vacinas son para toda a vida. Un reto particularmente importante é mellorar estas coberturas nos grupos de risco, especialmente expostos a enfermidades inmunoprevenibles e as súas consecuencias”.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde