A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), lembra a importancia de doar sangue todos os días do ano pero, especialmente, en datas como pontes festivas, xa que estes períodos poden coincidir cos de maior demanda de compoñentes sanguíneos, por mor dun posible incremento das urxencias.
Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns de sangue diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial, unha cifra que se mantén constante ao longo do ano.
ADOS convida á cidadanía a amosar o seu carácter solidario doando sangue nestas datas, pero, tamén, durante o resto ano. Nestes momentos, as reservas de compoñentes sanguíneos atópanse en niveis normais, polo que non é preciso facer fincapé nun grupo sanguíneo concreto, e resulta axeitada a participación de todos os doantes.
Facilitar a participación
ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
-
DATA
|
CONCELLOS
|
Xoves,
27 de abril
|
San
Sadurniño, Bº Novo Mesoiro (A Coruña), Camelle e Ponte do
Porto (Camariñas), Bertamiráns (Ames) e Sarria
|
Venres,
28 de abril
|
Fene,
Cee, Cantón-Obelisco (A Coruña), Rianxo, Bertamiráns (Ames),
Vilalba, Vilar de Barrio, Oimbra, Pontecaldelas e Tui
|
Sábado,
29 de abril
|
Culleredo,
Fene, Rianxo, Rúa do Paseo (Ourense) e Tui
|
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos, e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo, que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
LUGAR
|
HORARIO
|
COMPLEXO
HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago)
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
COMPLEXO
HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
|
Luns
de
15 a
22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 h.
Venres
das 8 ás 22 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15h.
|
LOCAL
DE DOAZÓN DE ADOS
Praza
Paz Novoa nº3 (Ourense)
|
Luns
das 8 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15h
Venres
das 15 ás 22 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns
e venres das 8 ás 15 horas
Martes,
mércores e xoves das 15 ás 22h.
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.